Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Ciberseguridade Tegra celebra o seu aniversario facendo balance de éxitos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Ciberseguridade Tegra celebra o seu aniversario facendo balance de éxitos

S. P.
Publicado: 20/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

patricia_argerey_gain_gradian_tegra_aniversario.jpgEste martes 20 de setembro, baixo o epígrafe Innovación e ciberseguridade para unha Galicia máis resiliente, celebrouse o aniversario do Centro de Innovación e Ciberseguridade Tegra, centro promovido ao abeiro da Unidade Mixta de Investigación (UMI) IRMAS e a través da colaboración do Centro Tecnolóxico Gradiant e Telefónica co apoio da Xunta de Galicia (a través da Axencia Galega de Innovación).
Na cita, celebrada por vídeo-conferencia, participaron algúns dos principais responsables destas entidades, por exemplo a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, quen cualificou a UMI IRMAS “de éxito de colaboración público-privada”, logo de cinco anos de traballo, máis de 5 millóns de investimento na Comunidade a contratación de corenta profesionais altamente cualificados.
aniversario_tegra.jpg A UMI é unha das 55 Unidades Mixtas de Investigación desenvolvidas en Galicia, coa participación de 39 empresas, na súa maioría grandes compañías, e 14 centros de coñecemento, e un investimento mobilizado de case 155 millóns de euros.
Argerey que puxo en valor o modelo que promove o programa de Unidades Mixtas de Investigación impulsado pola axencia, lembrou “o esforzo que se está a facer por apoiar o ecosistema galego de I+D+i”.
Lembrar que IRMAS (acrónimo de Information Rights Management Advanced Systems) é un alianza de Gradiant e a operadora Telefónica, encadrada no ámbito da ciberseguridade avanzada e co obxectivo de dar forma a solucións innovadoras para a protección de datos, tecnoloxías, servidores, comunicacións e demais.
Ao abeiro deste proxecto impulsouse precisamente Tegra, o Centro de Ciberseguridade de Galicia.
As unidades IRMAS e IRMAS 2 están centradas en desenvolver solucións para que as empresas poidan mellorar os seus procesos de manexo de datos con todas as garantías de seguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?