Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A campaña en liña da Mesa para esixir a forma correcta do Foro La Toja acada 1.200 sinaturas en 24 horas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A campaña en liña da Mesa para esixir a forma correcta do Foro La Toja acada 1.200 sinaturas en 24 horas

S. P.
Publicado: 21/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

a_mesa_toxa_campana.jpgA Mesa pola Normalización Lingüística convocou mobilizacións presenciais e en liña para esixir que se respecte o topónimo de A Toxa na cuarta edición do foro que segundo indica a plataforma debera por lei levar a forma correcta e, porén, perpetúase co nome deturpado: o “Foro La Toja”. A concentración presencial será a próxima quinta feira (xoves) 29 de setembro, na entrada da ponte da illa, coincidindo coa celebración da cuarta convocatoria do evento, no que participan representacións de entidades públicas e privadas.
A entidade de defensa da lingua advirte de que “alén da presenza de cargos públicos internacionais, estatais e galegos, este foro conta cunha importante achega de diñeiro público, o que habería de obrigar a manter un maior nivel de exixencia e respecto pola lingua e cultura do lugar onde se vai desenvolver e garantir o cumprimento escrupuloso da lexislación”.
A Mesa iniciou tamén na Rede unha campaña que en menos de 24h superou as 1.200 sinaturas (e xa vai preto das 1.500 mentres se redactaba este artigo) na que denuncia “o uso público e reiterado das formas toponímicas deturpadas”, que a entidade considera “demostrativa do interese por eliminar calquera vestixio e mostra da presenza social da lingua propia de Galiza” e “da impunidade coa se actúa para contravir o indicado na lexislación a este respecto”. E engade a organización: “Resulta especialmente preocupante que este atentado contra a dignidade do pobo galego e da súa lingua e cultura teña apoio explícito de representantes de organismos e institucións cuxa primeira obriga é garantir o respecto pola lei, mesmo destinando fondos públicos á súa celebración”, abundan.
A entidade propón unha lectura pública do manifesto nos centros de ensino o mesmo día 29 pola mañá.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?