Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA inaugura o seu novo superordenador: o FinisTerrae III
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA inaugura o seu novo superordenador: o FinisTerrae III

Redacción
Publicado: 21/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

rueda_entra_no_cesga.jpgO FinisTerrae III é o novo supercomputador do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) que aplicará a súa capacidade de computación para realizar predicións do tempo meteorolóxico, avaliacións xenómicas e para monitorizar a evolución epidemiolóxica do SARS-CoV-2, o coronavirus causante da pandemia da COVID-19.
O novo supercomputador foi inaugurado hoxe na sede do CESGA, en Santiago de Compostela, nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e ao que asistiron o vicepresidente de Investigación Científica e Técnica do CSIC, José María Martell, e do delegado institucional en Galicia, Javier Rey Campos.
finisterrae_fdk-yviwqai__zm.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou o obxectivo de colocar a Galicia na elite das tecnoloxías de alta prestación ao servizo da investigación e da industria asegurando que «xa estamos no grupo cabeceiro e nunha situación punteira, pero temos que ir a máis, e imos ir sen ningunha dúbida», ao que engadiu que Galicia alberga o segundo gran centro de computación de España, do que puxo en valor que é «un dos máis competitivos de Europa».
Na súa intervención o presidente da Xunta tamén apuntou que Galicia cos centros de investigación, coa tecnoloxía de altas prestacións e cos grupos de traballo que dispón conta con «razóns de sobra» para postularse a albergar a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. «Temos argumentos moi sólidos para que Galicia sexa unha candidata a ter en conta», salientou.
finisterrae_fdk-aqcwiaiftxq.jpgO supercomputador, albergado no CESGA, púxose en marcha hai uns meses, abríndose así a prestar servizos a comunidade científica e de innovación en Galicia e aos grupos de investigación do CSIC en toda España.
Trátase dun nodo da Infraestrutura Científico Técnica Singular (ICTS) distribuída de computación e datos científicos Rede Española de Supercomputación (RES). Foi adxudicado en 2021 á empresa Atos. Supón un investimento de 7 millóns de euros, achegados pola Comisión Europea, vía fondos FEDER (5,6 millóns; 80%), xunto ao cofinanciamento da Xunta de Galicia (1,05 millóns; 15%) e do CSIC (0,35 millóns; 5%).
finisterrae_rueda.jpgFinisTerrae III permite resolver 4.360 billóns de operacións matemáticas por segundo, o que supón multiplicar por unha ducia a capacidade de cómputo do anterior supercomputador FinisTerrae II, sendo por tanto clave para acurtar de modo significativo os tempos na obtención de resultados, abordar problemas máis complexos que hoxe se presentan en I+D+i e que fan uso de inxentes volumes de datos. Incorpora un simulador de computación cuántica de 30 Qbits que é o primeiro da súa clase en España.
finisterrae_fdk-aq1xgaafk00.jpgEntre os beneficiarios do novo supercomputador figuran os seguintes usuarios do CESGA: Meteogalicia, que realiza a diario a predición do tempo para Galicia, a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que produce investigacións e prové servizos clínicos en base a análises xenómicas para o Sergas, e grupos de investigación das universidades que teñen como liñas de investigación, por exemplo, o descubrimento temperán de fármacos ou a monitorización xenómica da epidemia por SARS-CoV-2 en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?