Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O nanosatélite BIXO do grupo UVigo SpaceLab será lanzado ao espazo en 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O nanosatélite BIXO do grupo UVigo SpaceLab será lanzado ao espazo en 2024

S. P.
Publicado: 22/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_bixo3.jpgO satélite BIXO (Bacteriological Intercommunication Experiment in Orbit) de UVigo SpaceLab será enviado ao espazo en 2024 pola Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento. Lanzarase ao abeiro dunha competición organizada pola Federación Internacional de Astronáutica e Sociedade China de Astronáutica: o concurso Space Universities Cubesat Challenges (SUCC). O nanosatélite BIX está a ser desenvolvido por preto de 40 estudantes da Universidade de Vigo, integrados en UVigo SpaceLab.
Universidades de todo o mundo participaron no concurso que finalmente recoñeceu como mellor deseño de misión para a súa posta en órbita a BIXO, de UVigo SpaceLab, que será lanzado ao espazo no ano 2024 a bordo dun foguete Long March ou Smart Dragon Series, operado pola Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento e que se converterá no quinto aparello das súas características enviado ao espazo por alumnado da UVigo.
uvigo_bixo1.jpgOs estudantes Manuel Diz, Guillermo Calvo e Martín Blanco, xunto ao docente e investigador Fernando Aguado foron os encargados de recoller e agradecer o dito recoñecemento en París, un galardón que inclúe o lanzamento gratuíto e a cantidade de 3.000 euros, e que consideran “o impulso que nos faltaba para dar o paso e así consolidar a misión, máis aínda tendo en conta que o custo estimado dun lanzamento establécese arredor dos 180.000 euros. Así logramos ter o proxecto pechado con data de lanzamento en 2024, o que supón tamén unha visión máis atractiva para os patrocinadores e o alumnado da UVigo”, sinala o director do proxecto, Manuel Diz, que lembra que BIXO será o portador da segunda misión biolóxica europea. Logo de sete misións biolóxicas en pequenos satélites, seis da NASA e unha da ESA, todas en satélites de maior tamaño, 3UDs (10 x 10 x 30 cm) en formato cubesat, “a nosa misión será de 2UDs (10x 10 x 20 cm), o que supón un gran reto, xa que ata agora non houbo ningún desenvolvemento completo dun pequeno laboratorio espacial nun satélite tan pequeno, por iso dicimos que é a misión máis compacta lanzada desde Europa e, que saibamos, a máis pequena do mundo”, explica Diz.
Co lema CubeSat, unha plataforma para a verificación de novas tecnoloxías e a cooperación internacional, o concurso Space Universities CubeSat Challenge naceu o pasado ano cos obxectivos de fomentar o pensamento innovador do alumnado universitario; mellorar na capacidade de investigación científica na astronáutica, a combinación de teoría e práctica e de resolución de problemas prácticos de enxeñería e popularizar o coñecemento espacial e o apoio a talentos innovadores.
Máis aló do premio outorgado aos integrantes de UVigo SpaceLab, a presenza viguesa no International Astronautical Congress (IAC) 2022 completouse nesta edición do congreso con varias das empresas patrocinadoras da misión do nanosatélite BIXO, como Alen Space, centrada no desenvolvemento, tanto de software, como de hardware para satélites, e DHV Technologies, subministrador de paneis solares e sistemas de adquisición, almacenamento e distribución de potencia para satélites.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?