Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS organiza na G-Night unha carreira de Scalextric con Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS organiza na G-Night unha carreira de Scalextric con Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 23/09/2022
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

gnight_usc.jpgA Noite Europea das Persoas Investigadoras, o evento internacional G-Night, desenvolverase o venres 30 nas cidades galegas baixo o lema Conciencias creativas. O obxectivo non é outro que levar a ciencia ás rúas, tirando abaixo muros de comunicación e aproximación. No caso da USC, organizaranse ducias de obradoiros de divulgación científica e relatorios diversos. Estes ateigarán o claustro do Colexio de Fonseca en Compostela, así como o Vello Cárcere de Lugo. Entre as actividades programadas non se exclúe o carácter máis lúdico da divulgación: haberá, por exemplo, unha duelo de coches de carreiras, un deles equipado con Intelixencia Artificial e o outro controlado polas persoas participantes no obradoiro coa axuda dun condutor. Organiza o CiTIUS.
Santiago
Os centros de investigación da USC en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), e o Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), ocuparán xunto co Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), no que tamén participa a Universidade, o rol central da Gnight compostelá. O conxunto de actividades terá lugar a partir das 18.00 horas no Claustro de Fonseca, agás os relatorios impulsados polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), do que a USC é integrante, que se celebrarán no Salón de Graos do Colexio San Xerome.
O CiMUS impulsa os obradoiros Biotecnoloxía na cociña no que se extraerá ADN utilizando utensilios que se poden atopar facilmente nunha cociña; e o taller Fabrica o teu propio anticorpo no que as persoas participantes poderán construír o seu propio anticorpo e levalo consigo. No obradoiro Gastronomía molecular do CiQUS aplicarase a ciencia á cociña tradicional, investigando as transformacións químicas e físicas que acontecen nos ingredientes durante a preparación dos alimentos. Neste taller trocarase o seu aspecto físico sen modificar o sabor.
Polo que se refire ao CiTIUS, será o responsable da actividade divulgativo-participativa Scalextric-IA que consistirá nunha carreira entre dous coches, un deles equipado con Intelixencia Artificial e o outro controlado polas persoas participantes no obradoiro coa axuda dun condutor. Pola súa banda, NL4XAI mostrará como as máquinas intelixentes apoiadas pola Intelixencia Artificial poden axudar a tomar decisións informadas en situacións cotiás. Ademais, as persoas participantes neste obradoiro do CiTIUS poderán desafiar a máquina sobre as súas decisións preguntando o porqué (ou o porqué non) de son correctas ou incorrectas. Pola súa parte, o taller Menelaos consistirá en cámaras que captan imaxes en 3D e de maneira similar ao cerebro; mentres que MISEL baséase no procesamento bioinspirado de imaxes con baixo consumo de potencia e tecnoloxías de vangarda.
O IGFAE, pola súa parte, achega a actividade Descubrindo a radiación: os raios cósmicos no que utilizando dous tipos de detectores, poderanse visualizar as partículas que chegan dende o espazo e bombardean constantemente a Terra dende todas as direccións.
Métodos de oxidación avanzada con nanopartículas magnéticas é un dos obradoiros do CRETUS que consistirá nunha demostración que empregará como método representativo dos métodos de oxidación avanzada un sistema foto-Fenton, simulando, con tinguiduras, a eliminación de microcontaminantes en augas empregando nanopartículas con propiedades magnéticas.
Produción de biopolímeros a partir de residuos graxos, tamén do CRETUS, servirá para amosar como un reactor para tratar auga residual permite a recuperación de bioplásticos. Finalmente, este mesmo centro singular é o responsable dos obradoiros Cálculo da pegada de carbono e hídrica dos alimentos e Uso de disolventes eutécticos para a recuperación de coláxeno dos residuos de peixe.
Pola súa parte, o CITMAga impulsa o ciclo de relatorios Matemáticas para a Terra, o mar e la vida; mentres que o IDIS organiza os obradoiros Mundos microscópicos e Impresión 3D, do laboratorio ao doente.
Lugo
O grupo de Innovación Docente da USC XuvenCiencia e a Asociación de Investigador@s AgroMar do Campus Terra converterán o 30 de setembro O Vello Cárcere de Lugo nunha sorte de laboratorio vivo no que se desenvolverán 17 obradoiros gratuítos de experimentación e tres charlas de divulgación científica orientadas a público de todas as idades co gallo da celebración da G-Night. Esta celebración recala na cidade amurallada por segunda vez co obxectivo de dar a coñecer o traballo desenvolvido pola comunidade científica, ademais de poñer en valor a importancia deste labor para a sociedade.
O programa de actividades desenvolverase en quenda de tarde, de 18.00 a 22.00 horas, e inclúe actividades para todos os públicos en función da súa idade. As persoas interesadas en participar en calquera das sesións previstas xa pode formalizar a súa inscrición de balde nas instalacións do Vello Cárcere ou tamén a través do número de teléfono 982 297 195.
O público máis cativo atopará na G-Night unha boa oportunidade para achegarse á ciencia a través do obradoiro Xogando a aprender!, así como das sesión de demostración Trichinella, o verme que veu cear, Os inimigos microscópicos, O lado amargo do azucre, Que esconde a auga?, Doutor, que lle ocorre á miña vaca? ou O peixe cebra como modelo animal. Alén destas actividades expositivas abertas a todo o público tamén haberá outras dirixidas a grupos de máis idade sobre impresión 3D, fotosíntese artificial, Realidade Aumentada, árbores en tubos de ensaio ou hardware de baixo custo e código aberto para control medioambiental.
Á par da celebración destas sesións demostrativas, as instalacións do Vello Cárcere acubillarán tamén os obradoiros participativos de temática específica Dío con luz: comunicación con fibra óptica, O que agochan as células, O solo que pisamos, Canta proteína ten? ou A luz – regra do nanouniverso.
O programa deste evento científico complétase con tres charlas divulgativas: A análise sensorial: unha disciplina científica con moito miolo, Xenética de vangarda aplicada á saúde, mellora e conservación de recursos biolóxicos e Esqueletos á escena.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?