Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso sobre o Reino de Galiza superou o milleiro de seguidores presenciais e telemáticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Congreso sobre o Reino de Galiza superou o milleiro de seguidores presenciais e telemáticos

S. P.
Publicado: 23/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_congreso_reino_galiza.jpgFinalmente chegou ao seu remate a primeira edición do Congreso Internacional sobre o Reino de Galiza, impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Fíxoo superando as expectativas de asistencia previstas, tanto no plano presencial como no telemático. Os diferentes relatorios foron seguidos en persoa por máis de 150 asistentes, mentres que ás retransmisións en liña sumáronse congresistas (1000 xa só durante a primeira xornada, con picos de visualización en directo de 300 asistentes) de toda España e outros países como Arxentina, Brasil ou Portugal.
En palabras do deputado Xurxo Couto, o congreso demostrou ser “xa un éxito antes de comezar”, pois as inscricións para as conferencias completáronse en apenas un mes; un interese, tanto nas interaccións e seguimento nas redes, que xa percibimos en canto comezamos co traballo de comunicación”. Couto agradeceu o “fantástico labor” do equipo que fixo posible o congreso: 16 persoas en traballos de comisariado ou dirección, produción, comunicación, imaxe, streaming e interpretación de linguaxe de signos.
Pola súa banda, o comisario científico do congreso, Anselmo López Carreira, destacou deste xeito a importancia do congreso: “Constatamos que a existencia de Galicia como reino está de certa actualidade e conseguimos estimular o interese do público por afondar no seu coñecemento, pero tamén demos un paso adiante para solucionar o atraso evidente con respecto a outros territorios que constituíron reinos e teñen xa celebrado eventos, como Navarra e Granada, ou que o teñen dabondo recoñecido, como Aragón-Cataluña”. López Carreira tivo palabras de eloxio para a Deputación da Coruña, para os relatores e as relatoras e para os moderadores e moderadoras dos coloquios: “Durante estes catro días, foron quen de facer ver que o legado cultural e artístico producido naquel tempo e transmitido ata nós en cantidade e calidade moi satisfactoria, facilita un frutífero diálogo entre historia e patrimonio”.
No Regnum totius Gallaeciae. O Reino medieval de Galicia interviron relatores e relatoras de diferentes perfís que abordaron cuestións relacionadas coa historia, a arte, a literatura, ou a organización administrativa do Reino medieval de Galicia e que chegaron a Santiago procedentes de diferentes institucións, como as universidades de Nova York, Barcelona, Santiago de Compostela, Salamanca ou Oviedo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?