Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous traballos do CITIC sobre IA e sustentabilidade, premiados polo Comité Español de Automática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous traballos do CITIC sobre IA e sustentabilidade, premiados polo Comité Español de Automática

S. P.
Publicado: 26/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_foto_grupo1.jpgO CITIC (Centro de Investigación TIC) da UDC conseguiu novos e importantes logros no ámbito da Intelixencia Artificial aplicada ao desenvolvemento sustentable, un eido de actividade considerado “estratéxico” para a transferencia tecnolóxica do centro de investigación coruñés. Así, o grupo que dirixe José Luis Calvo-Rolle vén de recibir cadanseu premio da man do Comité Español de Automática (CEA) por dous traballos sobre control intelixente en enerxía eólica e almacenamento de enerxía con hidróxeno, respectivamente.
Os recoñecementos fortalecen as áreas de investigación en IA aplicada á sustentabilidade nas que traballa o CITIC, en colaboración con entidades públicas e privadas, en liña cos obxectivos globais de eficiencia enerxética. Neste eido, destacan iniciativas de alcance europeo no contexto Horizonte 2020, como o Smartees, para modelado de innovación social enfocada á transición cara a eficiencia enerxética e a sustentabilidade; ou o acordo que mantén co Concello da Coruña desde o pasado ano para avanzar, como socio tecnolóxico, na dixitalización da mobilidade e no deseño dun mapa de zonas de baixas emisións.
Maior eficiencia no almacenamento de enerxía con hidróxeno
Segundo explicaron fontes do CITIC, o artigo Intelligent hybrid system for the prediction of the voltage-current characteristic curve of a hydrogen-based fuel cell céntrase “nunha aplicación punteira e moi prometedora” enfocada ao almacenamento de enerxía mediante hidróxeno, considerado aliado da loita contra o cambio climático. Concretamente, “falamos dun modelo híbrido intelixente para predicir o comportamento dinámico dunha pila de combustínrl alimentada por hidróxeno. O proceso de modelado é capaz de captar a enorme complexidade do comportamento do sistema grazas á combinación de técnicas de agrupamento e, posteriormente, técnicas intelixentes de regresión con redes neuronais artificiais sobre cada un dos grupos”, explica José Luis Calvo-Rolle. Esta contribución, engade, representa a gran vantaxe de coñecer con antelación o estado en que se atopa a pila de combustible, permitindo xestionar a estratexia do seu control de maneira máis eficiente.
Algoritmos intelixentes para prever anomalías na fabricación de aero-xeradores
citic_foto_grupo2.jpg No outro artigo premiado (Anomaly detection based on intelligent techniques over a bicomponent production plant used on wind generator blades manufacturing) trátase a detección de anomalías nunha instalación empregada para obter o material do cal se fabrican as pas de aero-xerador. “A súa principal achega reside en que a aparición de anomalías é detectada de maneira satisfactoria sen contar con coñecemento previo sobre a natureza destas, o cal é especialmente complexo tendo en conta o amplo abano de posibles fontes orixinarias dun evento adverso nunha contorna industrial, como poden ser os fallos en sensores e actuadores, o envellecemento de equipos, as perturbacións nas medidas, etc”, en palabras do investigador do CITIC. Esta tarefa realízase a través de algoritmos intelixentes de tipo one-class que aseguran a detección precoz de anomalías, contribuíndo ao mantemento, á optimización e, consecuentemente, á eficiencia da instalación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?