Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O certame Galetiktokers celebra a súa terceira edición con 1.800 euros en premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O certame Galetiktokers celebra a súa terceira edición con 1.800 euros en premios

S. P.
Publicado: 26/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ames_galetiktokers22_1.jpgAs áreas de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames retoman por terceiro ano o certame Galetiktokers, en palabras destes departamentos “unha oportunidade para que a mocidade se sume á creación de novos formatos co galego como marca de identidade”. As pezas audiovisuais que concorran, creadas seguindo o estilo da rede social TikTok, optan este ano a un total de 1.800 euros, repartidos en seis premios. O anfiteatro do Milladoiro acolleu este luns 26 a presentación da terceira edición do certame.
Ao acto asistiron a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; Rosa Moreiras e Pili Villaverde, técnicas dos departamentos de Normalización Lingüística e da OMIX; Paula Chaves, coñecida artisticamente como Pauliña, que presentará a gala de entrega de premios, e persoal da empresa de comunicación Xurdir.
“Queremos achegarnos á mocidade nun dos formatos que lles resulta máis interesante. As redes sociais son unha das formas principais de comunicarse dos mozos e mozas e polo tanto buscamos xuntar as dúas cuestións: as redes sociais e a comunicación co fomento da lingua galega”, sinalou Pampín, engadindo que “todo será ben recibido, que deixen a vergoña metida nun caixón e que nos acheguen esas creacións co talento que caracteriza ás mozas e mozos de Ames”.
No mesmo senso pronunciouse a artista Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña. “Convídovos a participar a todos os que fagades contido en galego, xa sexa cómico, a prol da lingua, ou o que queirades. Todo vale mentres esteades etiquetadas no Instagram da OMIX de Ames, onde se levará a cabo a votación dos vídeos, que deben durar entre 15 e 60 segundos”.
No certame poden participar mozos e mozas a partir dos 13 anos, repartidos en dúas categorías en función da idade. A primeira categoría inclúe á rapazada dos 13 aos 16 anos (ambas as idades incluídas) e a segunda engloba a mocidade a partir dos 17 anos. Ao igual que na anterior edición, pode participar calquera persoa, sen ter que ser veciño ou veciña do concello.
Como novidade, esta edición repartirá seis premios de 300 euros. Catro dos galardóns decidiraos un xurado formado por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual e nas redes sociais, mentres que os outros dous serán escollidos polo público, que votará cun gústame os vídeos subidos ao perfil de Instagram da OMIX de Ames (@omixames). Cada categoría recibirá tres galardóns: dous do xurado e un do público.
Os vídeos creados para o III Galetiktokers teñen que estar en lingua galega, e deben ser de creación propia a través da aplicación TikTok ou da sección Reels de Instagram, cunha duración de entre 15 e 60 segundos. Será obrigatorio que a lingua teña presenza, xa sexa de xeito oral, escrito ou musical. A temática é libre, polo que terán cabida no concurso pezas relacionadas coa música, co humor, co baile, coa interpretación, co deporte ou con calquera outro tema. Non se admitirán vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.
Para participar no certame, cómpre enviar ao enderezo electrónico galetiktokers22@gmail.com a seguinte ficha de participación cuberta e asinada, ademais do propio vídeo que se presenta no concurso. O prazo de inscrición rematará o 21 de outubro de 2022. A organización comprobará que se cumpren os requisitos e validará a inscrición a través dun correo de confirmación.
Todas as pezas admitidas subiranse ao perfil de Instagram da OMIX de Ames (@omixames), co cancelo #galetiktokers.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?