Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME pecha setembro con catro novas formacións online
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME pecha setembro con catro novas formacións online

S. P.
Publicado: 26/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smart_peme-3-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, achega esta semana catro novas accións formativas online enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Nestes talleres continuarase cos ciclos de ciberseguridade e cadea de bloques (blockchain), e explicaranse as ferramentas que serven para manter e gañar clientes de aloxamentos turísticos ou o aproveitamento de Línkedin para empresas.
Este luns 26 de setembro, Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, impartirá o taller Ciberseguridade – O Phising co que se continúa unha serie de accións formativas dirixidas a mostrar aspectos básicos da ciberseguridade. Neste caso, ensinarase a detectar tentativas fraudulentas de suplantación online, que é a forma máis sinxela de ciberataque.
O mércores 28 na quenda da mañá, Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo, impartirá o taller Ferramentas para fidelizar aos clientes do meu aloxamento. Neste obradoiro aprenderanse estratexias para que pequenos negocios turísticos capten e manteñan clientes e amosaranse outros consellos para acadar reservas directas sen pagar comisións. Na quenda de tarde, a licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, versará sobre Como usar Linkedin para empresas e profesionais. Esta formación ten como obxectivo aprender a crear un perfil profesional, unha páxina de empresa optimizada e como potenciar unha marca propia.
A semana lectiva finaliza o xoves 29 co obradoiro Blockchain, identidade dixital e NFT que continúa unha serie de obradoiros informativos sobre a tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain). Nesta formación falarase do proxecto de identidade dixital da Unión Europea e como afecta isto directamente á xestión de datos. Tamén se explicarán que son e para que serven os NFT. O obradoiro será impartido, de novo, polo experto Manuel Freire.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?