Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As IV Xornadas Videoxogo e Literatura inclúen conferencias, clases maxistrais e a estrea en primicia dun documental
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As IV Xornadas Videoxogo e Literatura inclúen conferencias, clases maxistrais e a estrea en primicia dun documental

S. P.
Publicado: 27/09/2022
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

xornadas_videoxogos_e_literatura.jpgEste luns 26 de setembro presentáronse os detalles da nova edición (a cuarta) das Xornadas Videoxogo e Literatura, unha actividade anual da Fundación Carlos Casares que ten o obxectivo de afondar na realidade deste ámbito tecnolóxico en auxe cunha “perspectiva transversal e sen perder de vista a súa relación coa literatura e as súas técnicas”. A presentación (no Café Sifón de Vigo) correu a cargo de Gustavo A. Garrido (Fundación Carlos Casares), Miguel Areán (Polygon-e Studios) e o xornalista e director Horacio Rodríguez Maseda. Segundo dixeron, haberá conferencias, clases maxistrais e estrearase o documental La industria salvaje, dirixido por Horacio Rodríguez. Pódense facer as reservas para acudir ás xornadas a través da súa web (de balde). As sesións desenvolveranse a partir das 16.00 horas do xoves 29 de setembro, na Fundación Barrié de Vigo.
Gustavo A. Garrido e Miguel Areán sinalaron que nesta cuarta edición consolídase a mirada transversal mediante novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros (financiamento de proxectos, trucos legais, literatura e videoxogo, narrativa e educación, a potencia creadora no ámbito dos xogos de rol, novas formas de comunicación, etc); novas clases maxistrais (deseño de personaxes e uso de Unity), e consolídase tamén a sección Desconferencia, un espazo para que calquera persoa interesada en participar e presentar as súas ideas, proxectos…
xornadas_videoxogo_e_literatura_cuarta_edicion_2022-2.jpg Acto seguido falou Horacio Rodríguez Maseda (xornalista, editor e redactor da revista Start Videojuegos), que anunciou a estrea de La industria salvaje dentro das xornadas, un documental que empezou a coller corpo hai máis de cinco anos e que acabou converténdose nunha peza audiovisual de 80 minutos de duración que narra as dificultades de medrar no sector do desenvolvemento de videoxogos en España, con 16 entrevistas de desenvolvedores, xornalistas e académicos para explicar o contexto actual do desenvolvemento nacional. Ademais, o documental segue de preto o estudo galego Gato Salvaje durante a creación do seu xogo máis ambicioso ata o momento: The Waylanders. O xogo, creado por un equipo liderado polos irmáns Sergio e Fernando Prieto, xunto cun terceiro socio, Javier Vara, bebe de sagas referenciais como The Witcher e Dragon Age, pero achegando un universo e unha narrativa propia inspiradas na mitoloxía celta e galega.
Xoves 29
Despois do acto de inauguración das 16:00 h., a sesión de apertura abordará o financiamento do sector do videoxogo, da man de Mauricio García, mentor e produtor de equipos noveis en Billete Cohete; Sergio Reyes, responsable de gaming e eSports en StartupXplore, e Gilberto Sánchez, director académico da Área de Videoxogos da U-tad (Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital e está na CA de Madrid).
A segunda sesión será unha mesa de diálogo sobre a potencia creadora que existe en Galicia con respecto á industria cultural e creativa dos xogos de rol e como os seus procesos narrativos inflúen en aspectos educativos, no deseño narrativo de videoxogos e na literatura. Correrá a cargo de Laura Guerrero, programadora de xogos de rol; Hoopoe, deseñadora narrativa en Corvus Belli; e Carlos Rodas e Clementina Álvarez, de Eternalverse Games. Baixo o título Literatura e videoxogo. Unha retroalimentación inaudita, a última sesión do xoves analizará cuestións e participarán Antonio Gil, profesor titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, María Álvarez Villar, doutoranda en Estudos Literarios da UVigo e Gustavo A. Garrido, da Fundación Carlos Casares.
30 de setembro
O primeiro faladoiro será Evita desastres legais á hora de facer un videoxogo, a cargo de Roberto Janeiro, de Herrero & Asociados. Acto seguido contarase cunha masterclass do desenvolvedor de videoxogos e creador de contidos Gius Caminiti titulada Unity. Así se fan os videoxogos, encamiñada a que as persoas asistentes poidan iniciarse no mundo dun dos motores de creación de videoxogos máis importantes. A 3ª sesión do día, O sector do videoxogo. Narrativa e educación, é unha mesa redonda a tres voces coa presenza de Daniel González, director creativo de Gametopia con varios xogos sobre figuras literarias onde a música clásica ten un compoñente educativo importante; Iván Montes, profesor de primaria e formador en Robótica; e Daniel Rodríguez, profesor e presidente de APETEGA, e responsable do Proxecto Algoritmia. A mesa redonda será conducida por Leticia Costas, de Kidcode Vigo.
A tarde do xoves abrirase cunha mesa redonda titulada Novas formas de comunicación coa escritora Rebeca Álvarez e Dhaunae de Vir, desenvolvedora de proxectos transmedia. A mesa será moderada por Carlos Pereiro, editor da Revista Morcego. Tras esta sesión contarase cunha clase maxistral sobre deseño de personaxes en videoxogos desenvolvida por José Holgado, PDI nos graos de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos da Universidade da Coruña. O día rematará coa presentación Revivindo as recreativas de Roi Cruz e Roberto Benavides, fundadores de Power UP, dedicada ao rescate e restauración de antigas máquinas recreativas.
Estrea en primicia de La industria salvaje
O último día das xornadas comezará coa estrea en primicia do documental La industria salvaje de Horacio Maseda. Para finalizar, será a quenda do público. Calquera persoa interesada poderá presentar o seu proxecto e falar de calquera aspecto relacionado coa temática das Xornadas na Desconferencia, un micro aberto cun tempo de ata 15 minutos para que as persoas interesadas en dar a coñecer as súas ideas e proxectos poidan amosar o seu potencial. Para participar unicamente hai que apuntarse na páxina das xornadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?