Os procesadores Intel Core de 13ª xeración chegan aos ordenadores de escritorio encabezados polo novo Intel Core i9-13900K, estando composta esta nova familia inicialmente por 6 procesadores de escritorio de ata 24 núcleos, 32 fíos e velocidades de reloxo de ata 5,8 GHz, conseguindo mellorar o rendemento para un fío con respecto aos procesadores da anterior xeración nun 15%, mentres que para varios fíos o rendemento pode mellorar ata o 41%.
Falamos duns procesadores que están pensados especialmente en conseguir un grande rendemento en videoxogos, aínda que tamén teñen unha grande utilidade para os creadores de contido, que poden acelerar os seus tempos de procesamento intensivo e facilitar que un fluxo de traballo fluído.
Esta nova familia de procesadores de Intel iniciará a súa comercialización o vindeiro 20 de outubro, e xa hai fabricantes de equipos que confirmaron a súa integración, como é o caso de Acer co seu equipo Predator Orion 7000 ou Dell co seu Alienware Aurora R15. Falamos de ordenadores de sobremesa moi potentes, claramente dirixidos a gamers, que tamén incorporarán gráficas RTX de nVIDIA, combinación que levará o seu rendemento en videoxogos ao máximo nivel actual.
Intel estrea procesadores de escritorio de 13ª xeración
Compartir Este Artigo
