Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira actualizará o alumeado portuario con tecnoloxía LED avanzada e software de telecontrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira actualizará o alumeado portuario con tecnoloxía LED avanzada e software de telecontrol

S. P.
Publicado: 27/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

portos_ribeira_equipamento_tecnoloxico.jpgA Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, renovará o alumeado portuario do municipio de Ribeira con máis de medio cento de equipamentos, luminarias, proxectores e software de telexestión. Así llo trasladou na mañá deste luns 26 a titular de Mar, Rosa Quintana, ao alcalde de Ribeira e ao patrón maior da confraría de pescadores da localidade, José Antonio Pérez Sieira, nunha visita ao porto, na que subliñou que “esta actuación mellorará as condicións de iluminación e eficiencia enerxética, procurando unha reducida contaminación luminosa”.
A representante do Executivo galego, que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, indicou que “se implantará tecnoloxía LED con equipamentos de altas prestacións deseñados especialmente para traballar en espazos portuarios pola súa resistencia en ambientes mariños e condicións climáticas adversas”. Ademais, dixo, “incrementarase a protección contra sobretensións e implantarase unha capa tecnolóxica para o telecontrol de iluminación”.
Esta actuación, cun orzamento de 340.000 euros, inclúese nun contrato conxunto de 3,8 millóns de euros que Portos de Galicia ten en licitación para unha trintena de dársenas autonómicas co obxectivo de “dotar de sistemas de alumeado exterior sustentable o conxunto do sistema portuario autonómico”.
No porto de Ribeira actuarase sobre 69 luminarias e proxectores para a súa renovación, incluíndo a retirada das instalacións existentes, substitución polos novos equipos LED, así como a dotación de sistemas de telexestión. Na mesma comarca, Portos desenvolverá tamén este proxecto nas dársenas de Aguiño (70.000 euros), A Pobra do Caramiñal (223.000 euros), Cabo de Cruz (133.000 euros) e Rianxo (268.000 euros). Deste xeito, esta actuación suporá un investimento de máis dun millón de euros na zona do Barbanza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?