Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un investigador de atlanTTic dirixirá un proxecto europeo de comunicacións por satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Un investigador de atlanTTic dirixirá un proxecto europeo de comunicacións por satélite

Redacción
Publicado: 17/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

francisco_diaz_atlanttic.jpgO investigador de atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Francisco Díaz; dirixirá nos vindeiros catro anos un proxecto europeo para mellorar o funcionamento e a comunicación dos satélites empregando microondas fotónicas. Díaz é un dos máis importantes investigadores en fotónica integrada e este novo proxecto Marie Curie dentro do programa Horizonte Europa da UE é o terceiro que dirixe o tamén profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
MicroWave Photonic Technologies for Communications and Sensing Applications in Space (MWp4SPACE), nome que recibe o programa, encargarase de formar á futura xeración de especialistas en dispositivos e sistemas integrados empregando microondas fotónicas no eido aeroespacial. “Trátase dun programa de formación que permitirá crear unha rede de profesionais capaces de atender os retos dunha tecnoloxía como son as microondas fotónicas integradas cunha gran demanda na industria aeroespacial”, aclara o investigador, “xa que ao estar integradas nun chip teñen menor tamaño, peso e consumen menos que o equipamento de satélite existente actualmente”. Ademais, continúa Díaz, “integran múltiples dispositivos e funcionalidades nun so chip e teñen maior rendemento e facilitará a creación de novos sensores para observación da Terra (imaxes, vídeos, sensores infravermellos, etc) e comunicacións entre satélites e satélite-Terra. Destas vantaxes obteranse beneficios para os usuarios finais en forma de mellores sistemas de localización (GPS e Galileo), comunicacións mais avanzadas, mellores modelos de clima ou predición de modelos da Terra”.
Este novo proxecto sitúa a atlanTTic no centro da tecnoloxía fotónica integrada e amplía as futuras oportunidades para os investigadores deste centro. “Levamos anos traballando desde Vigo con outras universidades especializadas nesta tecnoloxía como a Politécnica de Barcelona ou a de Valencia, compartindo coñecemento e resultados e creando unha rede de colaboración que definirá a axenda dos investigadores españois especializados nunha tecnoloxía que está a medrar significativamente en Europa e que xa está por diante doutras potencias en investigación, como é Estados Unidos”, sinala Díaz.
As habilidades que deberán desenvolver estes futuros especialistas permitirán crear redes seguras e reconfigurables tanto con satélites próximos á superficie da Terra como son os LEO (Low Orbit Earth) e os MEO (Medium Orbit Earth) para comunicacións por satélite e observación da Terra.
O programa MWP4SPACE está dirixido polo investigador de atlanTTic pero participan nel outras cinco universidades europeas (DCU Dublin City University, Mbryonics, CNIT – Consorzio Nazionale Interuniversitario per le Telecomunicazioni-, Scuola Universitaria Superiore Pisa – Sant’Anna e University College Cork), unha institución académica sen ánimo de lucro (Tyndall National Institute ) e nove empresas que son referencias mundiais en fotónica e tecnoloxías espaciais (Alter Technology, Ghent University, III-V Lab, CamGraPhIC, VPI Photonics, Pilot Photonics, Antwerp Space, Université de Rennes e Thales Alenia Space).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?