Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Combarro inicia a súa oferta gratuíta de 2023 con máis de 50 horas de formación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Combarro inicia a súa oferta gratuíta de 2023 con máis de 50 horas de formación

S. P.
Publicado: 03/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aula_cemit_poio.jpgA Aula CeMIT de Combarro (Poio) vai iniciar o ano 2023 ofrecendo máis de 50 horas de formación gratuíta, con contidos “pensados fundamentalmente para persoas que teñen interese en iniciarse no manexo das novas tecnoloxías”, segundo explicou o Concello, engadindo que “se ben os cursos non darán comezo ata o luns 16 de xaneiro, as instalacións xa estarán abertas desde o día 9”. Deste xeito, desde entón e ata o venres 13, a aula aberta estará a disposición da veciñanza, con cita previa, de 16.00 a 21.00 horas. Posteriormente, o horario será de 19.30 a 21.00 horas.
Con respecto aos ciclos, o primeiro será sobre iniciación á informática, do 16 ao 20. Nas mesmas datas tamén se impartirá o curso de utilización do programa de follas de cálculo LibreOffice Calc para iniciados e iniciadas. Esta sesión contará cunha específica para persoas con nivel medio na semana 23 ao 27. Nesas datas tamén se poderán anotar veciños e veciñas interesadas en introducirse no uso de Internet.
Asemade, do luns 30 de xaneiro ao xoves 2 de febreiro haberá un curso sobre a utilización do correo electrónico. Nese propio luns, e ata o venres 3, as clases serán sobre o Scribus, un programa informático para o deseño de carteis e folletos. A programación completarase cunha sesión sobre vídeo-conferencias online, o venres 3. Todos os cursos desenvólvense en dúas franxas horarias: de 16.00 a 17.30 horas e de 17.30 a 19.30 horas.
A programación de 2023 estrearase logo de que durante o ano que está a piques de rematar a Aula CeMIT contase con máis de 500 usuarios e usuarias, que se viron beneficiados pola ampla oferta da que dispón este servizo, con máis de 700 horas anuais, entre cursos gratuítos e aula aberta.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, o nacionalista Xulio Barreiro, lembra que “todas aquelas persoas que estean interesadas en anotarse nalgún destes curso poderán facelo enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.poio@xunta.gal”. Toda a información relacionada con estas actividades pódese consultar no perfil da Aula CeMIT en redes sociais ou chamando ao número de teléfono 986770001 (extensión 1321).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?