Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As entidades impulsoras de Emprende Makers converteron decembro nun mes tecnolóxico-argalleiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As entidades impulsoras de Emprende Makers converteron decembro nun mes tecnolóxico-argalleiro

S. P.
Publicado: 03/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_ourense_presentacion_da_iniciativa_decembro_maker_talks_o_pasado_7_de_decembro.jpgCo remate do ano completáronse as accións levadas a cabo no proxecto galego-portugués Emprende Makers, unha serie de iniciativas destinadas mellorar a competividade das pequenas e medianas empresas (pemes) nas dúas beiras da raia. O proxecto, que apostou por facilitar a creación e posta en marcha dunha rede de emprendemento que funcionase a xeito de punto de encontro e colaboración tecnolóxica, foi co-financiado ao 75% polo FEDER a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cun orzamento de 1.741.202,53 €.
En Emprende Makers participou, xunto a Deputación, o Concello de Ourense como beneficiario principal xunto á Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economías Social da Xunta de Galicia; a Universidade de Vigo (a ESEI); as Cámaras Municipais de Melgaço, Paredes de Coura e Vila Nova de Famalicão; e a Universidade do Minho.
A entidade provincial levou a cabo unha serie de accións ao longo deste ano, rematando o proxecto coa organización do Decembro Maker Talks, onde tamén se celebrou o concurso Talento Maker e colleu corpo o manual Argalleiros.
A iniciativa Decembro Maker Talks consistiu nunhas xornadas na Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense, centradas na innovación e na tecnoloxía desde “unha perspectiva didáctica e práctica”. Asistiron profesionais de diversos sectores e ámbitos, por exemplo os da Intelixencia Artificial, a impresión 3D, os videoxogos, a ciberseguridade ou dende novos espazos cidadáns concibidos como laboratorios transformadores, puntos de encontro de talento e para o coñecemento.
O concurso Talento Maker contou coa participación da mocidade e tivo como obxectivo visibilizar ante a xuventude as principais áreas de tecnoloxía colaborativa e participativa e presentalas como “unha panca de desenvolvemento e innovación, para espertar e madurar a vocación, conectar a veciños con outros makers do seu entorno e premiar o esforzo e o talento”, sinalaron fontes da Deputación, engadindo que o manual Argalleiros, outra das iniciativas desenvolvidas, é unha guía para o usuario, con puntos de carácter xeral (introdución ao movemento maker ou a historia deste movemento en Galicia e no norte de Portugal e as diferentes tecnoloxías empregadas neste eido), ademais dun glosario de termos e conceptos e un apartado sobre a Rede Maker GNP.
Ademais, dentro das actividades realizadas pola Deputación de Ourense, destacan tamén:
-Espazos Kids: Actividades que chegaron a case 800 nenos e nenas de entre 8 e 11 anos da provincia de Ourense para inicialos nas tecnoloxías argalleiras.
-Accións dirixidas a reforzar o coñecemento das posibilidades das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e os recursos maker como instrumentos de xeración de solucións innovadoras e creativas (51 alumnos), que contaron cun acto de entrega de diplomas e mostraron algúns dos prototipos máis destacados, como de accións formativas específicas no campo do emprendemento (106 alumnos).
-Xornadas de acceso a financiamento e a mercados exteriores, dirixidas aos emprendedores de Galicia e Norte de Portugal cunha idea ou proxecto empresarial vencellados a solucións tecnolóxicas, deseños de proxectos ou procesos innovadores asociados ao ámbito maker.
-Hackathon – Laboratorio de ideas e innovación que contou coa participación de máis de 50 persoas e que tiña o obxectivo de seleccionar e premiar as mellores solucións innovadoras para o desenvolvemento do turismo sustentable en Galicia e na rexión do Norte de Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?