Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A veciñanza de Ponteceso pode beneficiarse da formación tecnolóxica da Aula Mentor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A veciñanza de Ponteceso pode beneficiarse da formación tecnolóxica da Aula Mentor

S. P.
Publicado: 04/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maria_rivas_formacion_adultos_ponteceso.jpgPonteceso recibiu este mércores 4 de xaneiro a visita da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, quen aproveitou a estadía para lanzar un convite aos veciños a aproveitar a oportunidade de mellorar a súa formación tecnolóxica que lles brinda o Goberno e o Concello co “amplo programa de formación que ofrece a Aula Mentor”, dixo. Rivas presentou o programa na Biblioteca Municipal, acompañada polo alcalde, Lois García. A subdelegada felicitou ao rexedor pola súa iniciativa, que “permite ao Concello de Ponteceso sumarse a un programa de formación en liña non regulada para persoas adultas do Ministerio de Educación”.
María Rivas lembrou o programa Aula Mentor leva anos funcionando con éxito en distintos municipios da provincia e expresou a súa confianza 2en que tamén os veciños e veciñas de Ponteceso sacarán proveito desta oportunidade”.
Rivas destacou que, con Aula Mentor, o Ministerio de Educación impulsa a aprendizaxe aberta, libre, aberta e accesible para a poboación ao longo de toda a vida, en colaboración co Concello. O espazo de formación, situado na Biblioteca Municipal de Ponteceso, está destinado a maiores de 18 anos e conta cun catálogo de máis de 170 cursos clasificados por áreas formativas cos que ampliar as competencias persoais e profesionais.
O Concello de Ponteceso incorpórase este ano a rede de aulas Mentor, grazas á sinatura dun convenio de colaboración. Ao sumarse a esta iniciativa que funciona en toda España, os veciños e veciñas de Ponteceso poden acceder a formación en liña, tanto desde o seu domicilio como nos computadores que pon ao seu dispor o Concello na Biblioteca Municipal. A través da aula pódese obter formación en áreas como informática e Internet, ofimática, deseño e autoedición, deseño web, medios audiovisuais, redes e equipamentos informáticos, instalación e control, programación, educación, emprendedores, saúde, entre outras.
Os cursos teñen validez oficial e unha vez superados obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Segundo explicou Rivas, “a duración dos cursos depende do tempo que lle dedique cada estudante, xa que se trata dunha formación a distancia e flexible”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?