O Concello de Vigo anunciou esta semana que Os Reis Magos van felicitar a través das novas tecnoloxías ás nenas e nenos da cidade e a súa contorna. Farano con aquelas crianzas que non poidan acudir de maneira presencial, ben por estar enfermas ou ben por outra causa de forza maior. As comunicacións das Súas Maxestades realizaranse mediante unha videochamada entre os días 4 e 5 de xaneiro de 10 a 21 horas. Trátase dunha comunicación virtual programada na que un dos Reis felicita o Nadal aos pequenos durante uns 10 minutos. Xa se encontra dispoñible o rexistro de solicitudes mediante a web municipal.
O número máximo de inscricións será de 120 nenos e nenas que se seleccionará por orde de rexistro.
O rexedor Abel Caballero tamén avanzou que as Maxestades de Oriente da Cabalgata estática terán desta vez moito parecido con Jesús Sotelo (Presidente Comisión Fiestas de Santa Ana); Cristian González (Presidente Asociación Atlántida de Matamá); Brima Conted (directivo del Balaídos Fútbol Club) e a Carteira Rea a María del Carmen Martínez Pazó (Presidenta Asociación Vecinos Candeán). Pola súa banda, os da Cabalgata dinámica, Melchor parecerase a Enrique Lorenzo (Presidente ACOPOVI); Gaspar a Jesús Saiz (Presidente Federación Perruqueiros de Pontevedra); Baltasar será “un vello coñecido da cidade” e a Carteira Real a Merche Covelo (Presidenta Club Carpa Patinaxe).
Os Reis Magos felicitarán de forma virtual aos nenos de Vigo que non poidan acudir ás cabalgatas
Compartir Este Artigo

