Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R xa achega Fibra MAX a 13.000 fogares e empresas de Cambre, Cangas e Ribadeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R xa achega Fibra MAX a 13.000 fogares e empresas de Cambre, Cangas e Ribadeo

S. P.
Publicado: 05/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fibra-optica-cambre.jpgA operadora de orixe galega R rematou o ano facendo balance da súa cobertura de fibra óptica (tecnoloxía FTTH) nos concellos de Cambre, Cangas e Ribadeo, onde foi quen de dar importantes pasos en número de fogares e empresas que teñen ao seu dispor a banda larga proporcionada por R, con todas as vantaxes (de comunicación, de acceso á información, de teletraballo, de formación e de lecer) que a fibra avanzada pon en xogo.
No caso de Cambre, máis de 5.000 negocios e vivendas particulares do concello descubriron xa as vantaxes da fibra MAX de R, achegándolles ata 10 GB de velocidade da Internet, o que representa, segundo R, unha rapidez catro veces maior ca outras fibras. A operadora tamén explica que se trata dun servizo simétrico, con igual velocidade de subida que de baixada e que se ben de momento os usuarios/as particulares xa gozan de 1 Gb, a infraestrutura está preparada para chegar aos 10 Gb.
fibra-optica-cangas.jpgNo que atinxe a Cangas, a fibra de R (a de “meirande velocidade, seguridade e prestacións do mercado”, en palabras da empresa), máis de 3.000 empresas e particulares de Cangas xa están a aproveitar as vantaxes da fibra óptica ata o fogar (FTTH). E con este ano que comeza a intención é “seguir impulsando tarefas de mellora continua para sermos o operador con máis cobertura propia na localidade”, indican dende R.
fibra-optica-ribadeo.jpg Por último, Ribadeo é outro dos concellos que “contan coa rede de fibra máis rápida do mercado” e no seu termo municipal arredor de 5.000 vivendas e negocios están a tirar proveito xa da fibra MAX que ofrece a operadora de orixe galega. A empresa explica ás familias e empresas do concello que aínda non contan coa súa cobertura que a súa intención é ser “a operadora con máis cobertura propia en Ribadeo, así que seguimos traballando para que cada vez máis veciños poidan acceder á rede de fibra máis moderna do mercado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?