Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica xestionou o lanzamento de nove destinos turísticos smart, incluído o de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica xestionou o lanzamento de nove destinos turísticos smart, incluído o de Ourense

S. P.
Publicado: 05/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora de Telefónica en Galicia e Asturias, Paula Beirán
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora de Telefónica en Galicia e Asturias, Paula Beirán
Telefónica fixo revisión do ano que deixamos atrás en materia de transformación de destinos, un ano que destacou, nas súas palabras, por ser o mellor en canto a implantación de proxectos turísticos intelixentes en España, unha das vertentes principais do concepto de Cidades Intelixentes. Así, durante o ano pasado xestionou a posta en marcha de nove municipios e deputacións como Destinos Turísticos Intelixentes (DTI) a través de dez proxectos nos concellos de Alcalá de Henares, Arona, Benidorm, Bilbao, Calvià, Puerto de la Cruz e as deputacións de Badaxoz, Cádiz e Ourense (Deputación), moitos deles a través do financiamento de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da UE, canalizados a través de Red.es. Estas despregaduras, por valor de 16,6 millóns de euros, únense aos máis de 60 casos de Smart Cities & Smart Destination que xa existen en municipios, deputacións, illas e cabidos españois.
As grandes estrelas tecnolóxicas destes proxectos foron (entre outras) a 5G ou a Internet das cousas de banda estreita (NB-IoT), que facilitan a sensórica do territorio en ámbitos como o das principais infraestruturas da cidade, a rede de transporte, os edificios e as persoas. A operadora explica que estes fornecementos teñen vantaxes para a mobilidade (con máis de 100.000 vehículos conectados nunha década por Telefónica, para a seguridade cidadá, para a sustentabilidade e para os servizos básicos como a xestión da auga ou dos residuos, entre outros.
Na estratexia smart, Telefónica tamén destaca a plataforma de desenvolvemento propio Thinking City, que “se converteu nun estándar dentro do sector turístico”, explica a operadora, engadindo que está baseada en compoñentes de software libre e que habilita de forma segura proxectos de analítica avanzada de datos e análises preditivo. Ademais, a través dun cadro de mando integral e da sensórica da cidade, permite medir todo o que ocorre na urbe, tomando decisións baseadas na información obtida.
O proxecto da Deputación de Ourense
O proxecto Hai un Ourense para ti. Descúbreo ten un orzamento de 2.989.022,34€, 40% achegado pola Deputación de Ourense e 60% por parte de Red.es e está co-financiado por FEDER a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).
A iniciativa ten como obxectivo a creación dunha plataforma integrada de turismo intelixente que permita ao turista acceder á información de interese dos principais recursos turísticos da provincia (Ourense ao teu alcance), ofrecerlle servizos personalizados (Sente Ourense) e experiencias inmersivas (Ourense guíate).
Entre as iniciativas previstas destaca a implantación dunha plataforma integradora dos recursos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?