O Goberno levou a Xermade, Lugo, o programa formativo-tecnolóxico a distancia da Aula Mentor, ofrecido en colaboración cos Concellos. Co de Xermade, xa son 9 concellos da provincia que contan con este servizo.
A iniciativa foi presentada este luns 9 de xaneiro no devandito municipio lucense pola subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, quen fixo un convite á veciñanza a tirar proveito dunha iniciativa que, segundo dixo, “é unha para as persoas que viven no medio rural, dado que lles permite acceder a unha formación de calidade, axustada á demanda laboral, á vez que adquiren novas competencias dixitais”.
A subdelegada visitou este luns 9 as instalacións da Aula Mentor, situada na Biblioteca Municipal, acompañada do alcalde de Xermade, Roberto García, e do tenente de alcalde, José Prieto. Rodríguez explicou, máis en detalle, que a Aula Mentor é unha iniciativa que ofrece “formación en liña, flexible e asesorada”. Está dirixida a persoas maiores de 18 anos e conta cun catálogo de máis de 170 cursos clasificados por áreas formativas cos que ampliar as competencias persoais e profesionais.
Tamén lembrou que o Concello de Xermade obtivo unha axuda de 4.000 euros para a creación da súa Aula Mentor e a colaboración entre as dúas entidades quedou regulada nun convenio asinado o 2021. Nesta liña, Isabel Rodríguez felicitou ao rexedor pola súa iniciativa que permite, desde hai un ano, aos veciños e veciñas de Xermade acceder á dita formación online, tanto desde o seu domicilio como en cinco ordenadores que pon á súa disposición o Concello na Biblioteca Municipal. A través da Aula Mentor pódese obter formación en áreas como administración e xestión, agricultura e xardinería, electricidade e electrónica, hostalería e turismo, informática e comunicacións, seguridade e medio ambiente, sanidade, instalación e mantemento ou artes gráficas, entre outras.
9 aulas na provincia
Na provincia de Lugo, coa de Xermade, hai na actualidade 9 Aulas Mentor. Concretamente, en Burela, Barreiros, Guitiriz, Friol, Lugo, Sober, Láncara e Monforte de Lemos. O obxectivo do Gobierno, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, é que e”stas aulas cheguen nos próximos anos a 3.000 municipios do país, con especial interese naqueles de menos de 5.000 habitantes e pertencentes á España rural, como o caso de Xermade”. Para iso, vai destinar un total de 9 millóns de euros.
O Goberno convida á veciñanza de Xermade a tirar proveito da formación TIC da Aula Mentor
Compartir Este Artigo

