Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CEMMA lanza web para axudarnos a coñecer o comportamento das candorcas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CEMMA lanza web para axudarnos a coñecer o comportamento das candorcas

S. P.
Publicado: 11/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

orca_iberica_cemma_web.jpgA plataforma galega CEMMA, Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, a través do seu proxecto Friendship-Orcas, e en colaboración co Grupo de Traballo Orca Atlántica-GTOA, presentou unha nova web destinada a achegar cumprida e exhaustiva información sobre as candorcas, tentando botar luz sobre como actuar en caso de atoparnos con elas nunha travesía marítima e conceptos prácticos sobre o seu comportamento, os seus hábitos e a súa presenza nas nosas costas. A web orcaiberica.org, obra do deseñador galego Xulio Marta, conta cun deseño sinxelo, reducido en canto a ligazóns mais versátil á hora de ofrecer información, axilidade de navegación e material gráfico sobre a especie, segundo salientou a coordinadora sobre as características principais do sitio.
Polo que respecta aos idiomas nos que se ofrece a información son o seguintes: inglés, español, francés e portugués. A través deste sitio poden observarse as candorcas identificadas como Gladis, é dicir, interactuantes cos barcos veleiros dende 2020, e tamén, como dixemos, son incluídas recomendacións en caso de interacción e mesmo o rexistro dos mapas de interaccións e os semáforos. Os semáforos, para quen non o saiba, son gráficos onde os especialistas reflicten as informacións enviadas polos navegantes, unha información moi útil á hora de tomar decisións sobre os lugares e datas máis axeitadas para a navegación evitando encontros coas candorcas.
De xeito complementario á nova web puxéronse en marcha novos portais de redes sociais, no Instagram e máis no Twitter.
Polo que respecta ao proxecto Friendship-Orcas, foi un dos tres elixidos para o seu financiamento por parte segunda edición do programa Santander for the seas da Fundación Banco Santander para protexer mares e océanos. Este proxecto pretende crear ferramentas de divulgación e educación ambiental que promovan a información sobre a especie, a permeabilización social do seu interese natural e en definitiva contribúa a súa conservación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?