Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames presenta a programación de actividades da Aula AMTIC para este comezo do ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames presenta a programación de actividades da Aula AMTIC para este comezo do ano

S. P.
Publicado: 12/01/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ames_presentacion_amtic1.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) presentou este mércores 11 de xaneiro a súa programación para os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2023. Dentro das actividades organizadas hai cursos de informática lúdica para nenos/as, obradoiros de iniciación en procesadores de texto e de deseño 3D e clases de manexo de procesador de textos e de correo electrónico web e móbil.
A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e maila técnica responsable da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, Almudena Caamaño, foron as encargadas de debullar a axenda, na Casa da Cultura do Milladoiro, deste primeiro trimestre do ano. Ao longo dos meses de xaneiro, febreiro e marzo impartiranse distintas actividades dirixidas tanto a nenos e nenas como á poboación adulta.
A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, destacou que “o programa que se vai desenvolver durante estes meses segue a liña das actividades xa realizadas no anterior trimestre” e que “a Aula AMTIC pretende achegarse a todos os públicos, dende os máis pequenos ata os máis maiores, ofrecendo distintas iniciativas para todos os gustos”.
Así mesmo, a concelleira salientou que “hai menos dun ano que a aula foi posta en marcha, pero xa contamos cunha intensa e extensa programación. Recentemente pechamos a primeira edición dos cursos de alfabetización dixital para as parroquias, e xa temos en mente crear outro grupo de iniciación para poder seguir alfabetizando no rural e achegando a todos os que o desexen ás novas tecnoloxías”.
Actividades para rapaces/as
A programación dará comezo este 16 de xaneiro, cun curso de informática lúdica para nenos e nenas de entre 5 e 7 anos, ambos inclusive, que terá lugar todos os luns e mércores nas instalacións da Aula AMTIC, en horario de 18:00 a 19:00 horas. Rematará o 30 de xaneiro.
Así mesmo, a rapazada de entre 7 e 12 anos poderá anotarse á actividade Primeiros traballos co procesador de textos Writer para aprender as súas primeiras nocións de manexo deste programa informático. As clases serán do 1 ao 27 de febreiro, tamén todos os luns e os mércores, de 18:00 a 19:00 horas.
Xa no mes de marzo, a cativada de entre 7 a 12 anos poderá inscribirse nun obradoiro de deseño 3D que se desenvolverá entre os días 6 e 29 de marzo, os luns e os mércores e de 18:00 a 19:00 horas.
Programación para adultos
As persoas maiores de 18 anos tamén poderán gozar dunha actividade mensual. Entre os días 17 e 31 de xaneiro terá lugar un obradoiro de iniciación a Internet, que se desenvolverá todos os luns e os xoves de 18:30 a 20:00 horas.
Eses mesmos días e neses mesmos horarios, entre o 2 e o 23 de febreiro, impartiranse clases de utilización do correo electrónico, tanto na súa versión web como na móbil.
Para rematar, entre o 7 e o 30 de marzo, tamén os martes e xoves, de 18:30 a 20:00 horas, celebrarase un curso de iniciación no procesador de textos Writer, adaptado para maiores.
Inscricións
Tanto os cursos enfocados á cativada como os de adultos contan cun límite de 12 prazas, polo que para participar é necesario anotarse. A inscrición pode facerse de maneira presencial, na AMTIC (na Casa da Cultura do Milladoiro), de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas (agás en horario de realización de cursos); ou ben enviando a ficha debidamente cumprimentada e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.
Para máis información sobre os cursos ou a actividade da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou escribir a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?