Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Portal da Lingua comezou o ano compartindo audiocontos, receitas e recursos deportivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Portal da Lingua comezou o ano compartindo audiocontos, receitas e recursos deportivos

S. P.
Publicado: 13/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adestra_a_tua_lingua-2.jpgO Portal da Lingua da Secretaría Xeral de Política Lingüística compartiu estes días unha manchea de novidades que poñen o foco en achegar contidos dixitais ás novas xeracións ao tempo que reivindican o uso do galego. Trátase dos Audiocontos para novos tempos, de Ademar Silvoso, de A cociña de Media Laranxa, de Mayaipa SL; e da serie audiovisual Adestra a túa lingua, de Suseia SCG. Trátase de tres iniciativas culturais realizadas para TCRedes en galego, ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022 da Secretaría Xeral.
Os audiocontos
audiocontos_para_novos_tempos_silvoso.jpg Ademar Silvoso ofrécenos nesta mini-serie cinco audiocontos en formato MP3 e unha sesión de meditación para nenas e nenos que poderán desfrutar sós ou en compaña de adultos. Trátase, segundo salienta Política Lingúística, de “historias narradas cunha linguaxe clara, cargadas de fantasía e mais dun trasfondo educativo de novos valores, tales coma a integración en diversidade funcional, as frustracións na aprendizaxe, novos modelos familiares, mesmo problemas cotiáns aos que se enfrontan os cativos nas escolas ou na procura da súa identidade”.
A cociña de Media Laranxa
a_cocina_de_media_laranxa.jpg A cociña de Media Laranxa é unha miniserie web de 4 episodios nos que Noemí García mostra como facer receitas veganas e outras tradicionais da nosa terra paso a paso. Ademais, cada programa conta cun espazo especial (chamado A Larandica) destinado a presentar palabras en galego relacionadas co mundo da cociña (termos pouco coñecidos, palabras que adoitamos dicir en castelán, diferentes nomes para un mesmo produto ou obxecto, curiosidades sobre a orixe de certas palabras…).
A cociña de Media Laranxa é un extensión dun proxecto que naceu nas redes sociais da man da filóloga galega Noemí García en 2020, en plena pandemia, chamado Media Laranxa, onde se combinan receitas con ensinanzas da nosa lingua.
Adestra a túa lingua
adestra_a_tua_lingua.jpg Adestra a túa lingua é unha serie audiovisual que axuda á mocidade galega a resolver as súas dúbidas sobre deporte. “Coa serie de vídeos Adestra a túa lingua queremos achegar á xuventude información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e normalizar e fomentar o emprego de termos técnicos deportivos en galego que son pouco populares e coñecidos”, explican os responsables do proxecto, as e os integrantes de Suseia SCG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?