
Os contidos da xornada son os seguintes: a páxina de inicio dunha web como escaparate dunha empresa, as vantaxes da simplicidade (menos é máis), os beneficios dun deseño adaptable a múltiples dispositivos, en que consiste un mapa de calor web (zonas frías e quentes) e como conseguir menús efectivos. Tamén se amosará aos asistentes como artellar e ordenar os contidos dunha web, como establecer chamadas de atención e como empregar páxinas complementarias.
O relator será Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial Las 3 en Punto.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera PEME da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que se inclúe en Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola entidade pública empresarial Red.es (Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial).
A Cámara de Santiago e Javier Rocamora mostran como atraer visitantes á nosa web
Compartir Este Artigo

