Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica e Nokia proban con éxito a tecnoloxía 25G PON por primeira vez en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica e Nokia proban con éxito a tecnoloxía 25G PON por primeira vez en España

S. P.
Publicado: 17/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nokia_25g_pon.jpgTelefónica España e Nokia veñen de probar con éxito, por primeira vez en España, a tecnoloxía 25G PON. Grazas á súa colaboración neste ámbito e aos recursos postos en xogos, recoñeceron ter acadado velocidades simétricas (de suba e de baixada de datos) de 20 Gbps. En palabras da operadora, “esta proba demostrou que as actuais tecnoloxías de banda larga GPON e XGS-PON poden coexistir sen problemas na mesma fibra coa tecnoloxía 25G PON para mellorar a conectividade”.
Segundo lembrou a compañía, 25G PON ofrece “unha enorme capacidade” de largura de banda simétrica na fibra que soportará novos casos de uso e requisitos de capacidade que, unidos ás altas velocidades e a baixa latencia, preparan a rede para futuras aplicacións como o metaverso.
Gonzalo Garzón, director de Acceso Fixo de Telefónica España, destacou o seguinte acerca das probas acabadas de realizar: “Telefónica foi a primeira operadora en España en proporcionar conectividade gigabit, pero non paramos aí. A demanda de largura de banda dos consumidores nunca se detén e as aplicacións máis interesantes, como os xogos de realidade virtual, sempre evolucionarán para aproveitar ao máximo as capacidades de banda dispoñibles. As novas tecnoloxías FTTH bríndannos aínda máis oportunidades na conectividade no fogar. Co seu enorme aumento da capacidade, poderemos ofrecer novos servizos sobre a mesma rede.”
Pola súa banda, Bjorn Capens, vicepresidente de Europa para redes fixas en Nokia, afirmou que “grazas ao noso chipset Quillion, esta proba de concepto de 25G PON con Telefónica demostrou que a enorme capacidade de largura de banda pode engadirse facilmente ás súas redes existentes, coexistindo coas súas tecnoloxías PON actuais. Isto significa que clientes na mesma conexión de fibra poden recibir servizo con GPON, XGS-PON ou 25G PON, o que facilita enormemente a xestión dos ciclos de actualización”.
Podemos ver máis datos da experiencia desenvolvida na web de Next Generation PON.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?