Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela presenta en FITUR a web SantiagoNow
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela presenta en FITUR a web SantiagoNow

S. P.
Publicado: 18/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_now.jpgO Concello de Santiago presentará a web SantiagoNow na nova edición de FITUR que arrincou este mércores 18 de xaneiro. SantiagoNow é unha ferramenta tecnolóxica con información actualizada para os visitantes que contará con páxina de seu. Amais de presentar este sitio, a capital de Galicia recollerá na gala organizada por SICTED, o premio ao mellor destino de calidade de España, o segundo na categoría de mellor proxecto de mellora de destino e o terceiro á mellor actuación de sustentabilidade. FITUR, a feira de referencia no sector do turismo en España, desenvolverase ata o 22 de xaneiro en IFEMA Madrid.
Participarán na presentación da dita web, no stand Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Raimil.
Segundo avanzaron, a páxina foi concibida para que os visitantes poidan consultar a través do seu teléfono, dun modo sinxelo e áxil, información concreta sobre que facer o propio día en Santiago. Esta ferramenta pretende “dar unha resposta rápida ás preguntas máis repetidas nas oficinas de información da cidade, onde se atenden unhas 200.000 persoas ao ano, ofrecendo información actualizada sobre visitas e xiras turísticas, actividades culturais ou de ocio, ou dispoñibilidade de prazas de aloxamento no mesmo día”.
Na xornada deste mércores o alcalde e o concelleiro Sindo Guinarte tamén aproveitarán a súa presenza en FITUR para asistir á presentación do Ano Picasso, que terá lugar ás 16:00 h no stand de Turespaña e que contará coa presenza do ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta.
No marco dos actos programados, FITUR acollerá o 19 de xaneiro ás 10:30 horas, a XIII Edición dos Premios SICTED na que se recoñecerá de forma pública a Santiago como o mellor destino turístico do ano 2022. Ademais, a cidade, recibirá un segundo premio na categoría de mellor proxecto de mellora de destino SICTED, grazas a un Plan de Comunicación e Marketing do SICTED.
O outro recoñecemento é o que conseguiron As Casas do Cebro e de Afora, que obtiveron o terceiro lugar na categoría de mellor actuación de Sostibilidade SICTED. Ambas casas, localizadas no lugar de Correxíns, na parroquia compostelá de Figueiras, exemplifican o compromiso coa calidade turística e a sustentabilidade en Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?