Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Observatorio da Industria Aeroespacial localizará novas oportunidades para o noso sector dron
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Observatorio da Industria Aeroespacial localizará novas oportunidades para o noso sector dron

S. P.
Publicado: 18/01/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20230118consorcioaeronautico1.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, avanzou este mércores 18 de xaneiro detalles relevantes sobre o Observatorio da Industria Aeroespacial, un instrumento de análise e divulgación que será clave, nas súas palabras, “para a evolución do sector e para identificar novas oportunidades no segmento dos sistemas non tripulados”. Tamén será unha importante ferramenta para achegar coñecemento experto e estudos científicos sobre os eidos da aeronáutica e o aeroespacial. Argerey fixo estas declaracións na clausura da asemblea xeral extraordinaria do Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG), entidade impulsora do Observatorio xunto con GAIN.
Argerey avanzou que os primeiros estudos realizados polo Observatorio están a piques de ser publicados e centraranse no financiamento da I+D+i no sector dos vehículos non tripulados, a análise da cadea de valor do sector e a súa integración noutras cadeas de valor nacionais e internacionais, os instrumentos de apoio á internacionalización ou o diagnóstico da creación de empresas aeroespaciais en España e en Galicia. O Observatorio tamén está a traballar no informe de contas anuais do sector.
Na súa intervención, a directora incidiu nas capacidades das nosas empresas e centros de coñecemento e convidou aos socios tecnolóxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia -como Airbus, que estivo presente na asemblea- a incorporar ás súas cadeas de valor todo o potencial que ofrecen as entidades galegas.
Do mesmo xeito, fixo un chamamento ás empresas para que “aproveiten os próximos cinco anos da iniciativa para incorporarse ás cadeas de subministración destas multinacionais, poñan en valor o seu traballo e a súa tecnoloxía, e se transformen en colaboradores destas compañías, non só para o ecosistema dos vehículos non tripulados, senón tamén para outros programas, segmentos e actividades”.
Patricia Argerey salientou tamén a capacidade de atracción de investimentos do Polo Aeroespacial de Galicia e sinalou que un proxecto no que participa a iniciativa da Xunta “foi un dos once seleccionados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital na convocatoria do programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (Retech)”. Este proxecto para a optimización das cadeas de valor en sectores estratéxicos, dixo, está orientado a fomentar a aplicación da Intelixencia Artificial nas industrias. Participan, ademais de Galicia, Euskadi e Madrid. A directora de GAIN anunciou asemade que no marco do financiamento obtido no Retech a Xunta de Galicia lanzará un programa de axudas para o fomento da Compra Privada de Innovación no segmento dos vehículos non tripulados. A través desta iniciativa, apoiaranse aquelas entidades galegas que desenvolven produtos ou servizos, compartindo o risco coa industria compradora.
Ademais deste novo programa, a directora lembrou as actuacións en marcha no Polo Aeroespacial de Galicia. Segundo recordou, está aberto un proceso de licitación, cun orzamento de 4 M€, para o desenvolvemento dunha infraestrutura 5G e de ciberseguridade que completará os equipamentos do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) e as súas capacidades para a realización de ensaios con sistemas non tripulados. Tamén están en proceso de desenvolvemento cinco novos proxectos adxudicados recentemente para a creación de novas solucións con vehículos non tripulados aéreos e mariños que se prevé estean incorporadas nos servizos públicos da Xunta nun prazo dun ano.
Babcock, Telespazio e un consorcio integrado pola peme galega Aeromedia, por Indra e polo Instituto Tecnolóxico de Galicia son os adxudicatarios destes contratos cos que a Xunta despregará solucións con sistemas non tripulados que, sinalou Argerey, “redundarán de forma directa en servizos como o transporte sanitario urxente, a monitoraxe de zonas forestais, a vixilancia e a inspección marisqueira e pesqueira, a localización de persoas extraviadas e a análise das poboacións de semente de mexillón”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?