Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CLUSAGA e Siemens mostran como dixitalizar a nosa industria alimentaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CLUSAGA e Siemens mostran como dixitalizar a nosa industria alimentaria

S. P.
Publicado: 19/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clusaga_feuga_siemens_dixitalizacion_alimentaria.jpgOs fondos europeos NextGenerationEU, que darán impulso á transformación dixital do sector alimentario en Galicia, centraron parte da xornada organizada este xoves 19 de xaneiro por Siemens e a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA) no Edificio FEUGA de Santiago. Estas axudas europeas, segundo explicou Xosé Ramón Vázquez, responsable da oficina técnica Next Generation Galicia Food en CLUSAGA, supoñen “un investimento público que fomenta o desenvolvemento, a transformación dixital e a modernización do sector”.
Siemens acudiu á xornada logo de ter presentado as súas tecnoloxías máis innovadoras na recente convocatoria do PERTE, como o seu Xemelgo Dixital, a súa Automatización Avanzada, as súas contribucións á Intelixencia Artificial e as súas novas solucións en materia de rastrexabilidade (trazabilidade) con sistemas MES e tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain). Estes recursos “están enfocados cara a unha fabricación máis competitiva, que asegure o control e a monitoraxe dos produtos e reduza o impacto ambiental dos procesos”, segundo explicaron Manuel Cadenas, de Siemens Digital Industries, e Sergio Ballesteros, de Siemens Digital Industries Software.
O evento foi inaugurado por Roberto Alonso, director de CLUSAGA, que destacou “o reto da transformación dixital e a Industria 4.0 como desafío estratéxico para o sector alimentario galego”; e polo director rexional de Siemens en Galicia, Óscar Brea, que explicou a capacidade de consultoría industrial de Siemens Advanta.
A xornada tamén incluíu unha mesa redonda na que CONGALSA, CEAMSA e Grupo Leche Río (este último, representada a través da consultora Medrar), debullaron os seus principais retos e obxectivos e describiron como se están a apoiar na dixitalización para abordar a súa transformación tecnolóxica. Na charla tamén se trataron aspectos cruciais para a industria agroalimentaria como a ciberseguridade ou o papel que debe xogar o talento dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?