Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve Pequefilmes co mellor cinema en pequeno formato e con obradoiros de contidos para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve Pequefilmes co mellor cinema en pequeno formato e con obradoiros de contidos para a rapazada

S. P.
Publicado: 19/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pequefilmes.jpgA rapazada dos nosos centros escolares vai comezar co ano cun menú completo de audiovisual en pequenos formatos e de creatividade de contidos (coa posibilidade de crealos coas súas propias mans). Será a grazas á sétima edición do certame Pequefilmes, que se celebra este mes de xaneiro na Cidade da Cultura cunha escolma do mellor cinema dirixido ao público máis novo. O festival internacional de curtametraxes infantís proxectará no Gaiás un total de 65 obras, procedentes dunha vintena de países, na fin de semana do 28 e 29 de xaneiro.
O certame, que vén da man da Consellería de Educación e Cultura (coa participación activa da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería), ten o obxectivo de “ofrecer contidos audiovisuais de calidade desde idades temperás, fomentado o gusto polo cinema e o espírito crítico das nenas e nenos, que son os encargados de elixir cos seus votos as tres mellores curtametraxes que serán premiadas no festival”.
Nesta sétima edición, as proxeccións distribúense en dúas seccións por idades: Vagalumes, para as pequenas e pequenos de 0 a 3 anos de idade, e Vacalouras, para maiores de 4 anos. As proxeccións serán na Biblioteca de Galicia e as entradas poden adquirise xa en Ataquilla e no Museo Centro Gaiás, a un prezo de 3 euros por sesión. A sección Vacalouras poderá verse tamén en liña a través da plataforma Festhome na mesma fin de semana do festival, para facilitar que público de todo o país goce da programación.
Entre as curtas que se poderán ver no Gaiás hai pezas seleccionadas e premiadas nos festivais máis importantes do mundo, como a francesa The soloist, distinguida na última edición do Festival Clermont-Ferrand e no Stuttgart Trickfilm Film Festival, ou a británica Cat & Moth, premiada en festivais de Asia, Reino Unido, Canadá, Francia e Chipre, entre outros. Mora Mora e The turnip, gañadoras nos Indie Cinema Awards, ou a norueguesa I’m not afraid, premio do público no Heilbronner Kinderfilmfest e mención especial no Festival Ojo de Pescado en Chile, son outras das cintas destacadas que compiten nesta edición.
Ademais, un total de 13 curtas españolas participan en Pequefilmes 2023, como El sueño de Quino, inspirada nas viñetas do creador de Mafalda ou Cole Krsuá, filme de stop motion, dirixido por David Castro e escrito por el e Mario Larrá xunto con tres nenos.
Obradoiros de animación
Pequefilmes recupera logo de dous anos os obradoiros de cinema para a cativada, que é, en palabras da organización, “unha das actividades máis demandadas polas familias” e que desta volta mostrará aos rapaces en que consiste a animación go motion coa rodaxe dunha peza na que serán os protagonistas, empregando unha técnica (go motion) baseada no fenómeno da persistencia retiniana que deu orixe ao cinema (baséase en fotografar modelos en movemento para despois animalos empregando diferentes frecuencias de fotogramas).
O cineasta e guionista Marcos Nine, responsable de pezas como Radiografía dun autor de tebeos, director artístico do festival Cinema Crianza e programador da sección infantil da Mostra de Cinema Etnográfico MICE Petís, será o encargado de impartir os obradoiros os días 28 e 29 de xaneiro de 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?