Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fernando Guldrís (IGAPE) visita a sede en Bertamiráns de Alfonsín Digital Lab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fernando Guldrís (IGAPE) visita a sede en Bertamiráns de Alfonsín Digital Lab

S. P.
Publicado: 20/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

igape_alfonsin_digital.jpgO director do IGAPE, Fernando Guldrís, visitou este venres 20 de xaneiro a sede en Bertamiráns (Ames) do estudo Alfonsín Digital Lab, empresa punteira nos servizos de edición, postprodución, laboratorio dixital e novos contidos en xeral (con importantes contribucións tecnolóxicas e artísticas para series e longametraxes emitidas nas plataformas Amazon Prime Vídeo, HBO Max, Netflix e Movistar, así como en producións tan sobranceiras como Operación Marea Negra, Rapa, A desorde que deixas, Onde está Marta?, Hierro, Auga Seca, La Unidad ou Néboa). Guldrís, na súa visita, puxo en valor a importancia que ten para a mellora competitiva das pemes locais programas como Galicia Inviste, que “permiten afondar tanto na diversificación de proxectos como na aposta pola innovación de cara a mellorar a competitividade empresarial”. Neste sentido, dixo, “Alfonsín Digital é un bo exemplo das posibilidades que ofrecen esta e outras liñas impulsada pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do IGAPE”. Segundo engadiu, no caso concreto da empresa de Ames, o programa permitiu a integración e posta en marcha da tecnoloxía HDR Dolby Vision, o que “fai desta empresa especializada no sector audiovisual unhas das poucas que ofrece este sistema en España, e a única en Galicia”, subliñou.
Ata o de agora, segundo informou o director do IGAPE, este programa ten permitido mobilizar máis de 42M€ na provincia da Coruña, impulsando proxectos de mellora como a implantación de novos establecementos, a diversificación ou os cambios nos procesos de produción. Así, nesta provincia aprobáronse desde o 2018 e ata o de agora máis de 115 proxectos no marco do Galicia Inviste, que suman un importe conxunto superior aos 10,5M€.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?