Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Formación Audiovisual de Lugo estrea en FITUR a súa curta premiada por Netflix
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Formación Audiovisual de Lugo estrea en FITUR a súa curta premiada por Netflix

S. P.
Publicado: 20/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fitur_deputacion_de_lugo_200123_amor_viaxeiro_netflix.jpgO salón turístico FITUR, que se celebra estes días no IFEMA de Madrid, acolleu este venres 20 de xaneiro a estrea de Amor Viaxeiro, unha curtametraxe realizada polo alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo que resultou premiada pola plataforma de streaming Netflix e por Turespaña no concurso Cómo dirías que es España sin decirlo.
Na estrea participaron (entre outras personalidades) o presidente da entidade provincial lucense, José Tomé Roca, e a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, quen eloxiou a calidade da peza. Esta, segundo salientou a Deputación, tivo unha gran acollida entre o público asistente á súa proxección. No acto tamén foron estreadas as outras catro curtas galardoadas no certame nacional, seleccionadas entre as 40 candidaturas presentadas.
Na proxección tamén fixeron acto de presenza a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, así como o actor Chechu Salgado, o actor soberino premiado cun Goya no 2022 que protagoniza a nova campaña de promoción turística da Deputación, Lugo, Provincia Románica, presentada precisamente pola institución no marco da Feira Internacional de Turismo.
Tomé felicitou aos alumnos e alumnas do Centro de Formación Audiovisual da Deputación galardoados no certame de Netflix e Turespaña, tanto polo “tema abordado na curta, como pola propia realización e produción”. E egnadiu: “Fan unha extraordinaria promoción do territorio, pero van máis alá e abordan un tema de calado social. Transmiten calidade técnica e ó mesmo tempo valores moi importantes para a sociedade”.
Lucas Alba, Mario Bello, Miguel Bouzas, Sara Casanova, Erea Díaz, Mateo Longa e Paula Vilariño son os autores da curta Amor Viaxeiro, que realizaron baixo a supervisión do seu titor, Hugo Fernández. Presentaron o pasado xuño a súa idea a responsables de Netflix e Turespaña, de quen recibiron 7.000€ euros para a produción, filmación e prostprodución do proxecto. O audiovisual promociona o territorio provincial e autonómico, incluíndo, por exemplo, espazos da Mariña e da Ribeira Sacra.
A curta Amor viaxeiro, rodada en galego, conta a historia de Uxía, unha rapaza galega que percorre a provincia de Lugo e Galicia na procura dos recordos da súa avoa, que sofre alzhéimer.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?