Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME afronta a recta final de xaneiro con sete novos obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME afronta a recta final de xaneiro con sete novos obradoiros TIC

S. P.
Publicado: 23/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través da súa iniciativa de transformación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana do 22 ao 27 de xaneiro sete novas accións formativas mixtas impartidas en liña e de xeito presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e cidadanía en xeral. Tratarán temas como a ciberseguridade e como ter un contrasinal segura, o chamado growth marketing, como comercializar servizos a través de redes sociais, como crear un plan de emprega, como tirar proveito das redes sociais para os establecementos turísticos, as vantaxes e posibilidades da cadea de bloques e como reorientar negocios freelance.
O primeiro curso da semana será este luns 23, ás 10.00 horas, e estará impartido por Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, baixo o epígrafe Ciberseguridade, como facer un contrasinal segura. O obxectivo do curso é “facer ver a importancia de ter un contrasinal ben definido e distinto para cada servizo”.
O martes 24, na quenda da mañá, Adrián Fernández licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona, conducirá Growth marketing: estratexias para un crecemento sustentable do teu negocio. Abordarase o conxunto de técnicas e estratexias de mercadotecnia dixital orientadas a un crecemento sostido no tempo da nosa empresa ou proxecto, sempre en base ao estudo de datos e da metodoloxía ensaio/erro.
Na da tarde, ás 17.00 horas desenvolverase a sesión Comercializa os teus servizos a través das redes sociais, un obradoiro orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. Afrontarase a importancia de coñecermos as vantaxes das ferramentas e técnicas de venda dispoñibles neste medio para a nosa empresa. Este curso estará impartido por José Luís Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia.
O mércores 25 tamén haberá dobre sesión. En horario de mañá, de xeito telemático, Paz Ares, licenciada en Ciencias Económicas e Empresarias pola Universidade de Vigo, guiará a acción Crea o teu Plan de Emprega. Pola tarde, ás 17.30h celebrarase o taller presencial no concello de Bueu, Redes sociais para establecementos turísticos. Nesta acción formativa poderás descubrir cales son as vantaxes e inconvenientes de usar as redes sociais como estratexia para captar clientes para o teu negocio. Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela, será a encargada de impartilo.
A derradeira xornada da semana tamén estará composta por dúas sesións, unha telemática e outra presencial. Manuel Freire volverá a ser o experto que conducirá esta acción, Blockchain, identidade dixital e NFT. Este curso ven a completar a formación das semanas anteriores, e falarase do proxecto de identidade dixital da Unión Europea e como afecta directamente á xestión dos nosos datos. Tamén se falará dos NFT, que son e para que serven. Para rematar, ás 17.00 horas na Sede de Vigo da Deputación, Isabel Rodríguez consultora e adestradora (coach) empresarial con máis de 15 anos de experiencia, falará sobre Reorientación de negocios freelance que se atopen estancados para analizar as causas do estancamento, como xestionar o cambio ou reinvención, a falta de apoios e as emocións que se xeran en dito proceso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?