Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As oportunidades dos programas europeos de I+D centraron unha xornada na GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As oportunidades dos programas europeos de I+D centraron unha xornada na GAIN

S. P.
Publicado: 24/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230124gainhorizonteeuropa1.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou nunha xornada sobre aspectos legais e financeiros de Horizonte Europa, o actual programa de financiamento da I+D+i europeo, celebrada na mañá deste 24 de xaneiro na sede da axencia en Santiago. No encontro, Argerey destacou que “levamos anos traballando en apoiar a competitividade dos axentes do ecosistema galego de innovación nas convocatorias europeas e estatais, salientando as capacidades das entidades galegas nestas convocatorias tan esixentes”. Deste xeito, dixo, o retorno obtido polas entidades en Horizonte Europa “segue a medrar respecto dos programas anteriores, tanto en termos absolutos como relativos, captando máis de 44,4 millóns de euros en ano e medio de execución do programa”, engadiu.
A directora de GAIN sinalou que o reto para este novo período, 2021-27, é “incrementar a participación das empresas, especialmente das pemes, no Programa Horizonte Europa así como nos novos instrumentos do Consello Europeo de Innovación (EIC)”. Segundo dixo, unha das liñas estratéxicas da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia é “poñer en marcha todos os apoios necesarios para que as pemes e empresas galegas acudan a programas de financiamento estatal e, especialmente, europeos, para avanzar na súa competitividade e internacionalización”. Con este obxectivo, engadiu, púxose en marcha o Ciclo Europa, do que forma parte esta xornada. Trátase dunha serie de encontros centrados nas convocatorias de financiamento europeas da I+D+i, que persegue mellorar a participación galega a través da formación e información de calidade ao ecosistema de innovación sobre as distintas iniciativas e programas de apoio impulsadas pola Comisión Europea, así como facilitar a interacción directa con expertos nestas materias.
Na xornada deste martes participaron os Puntos Nacionais de Contacto sobre aspectos legais e financeiros de CDTI e FECYT.
No período 2022-2023 celebráronse 7 xornadas e cursos dentro deste ciclo, cunha participación total, presencial e online, de 439 persoas.
A partir da semana que vén comenzará unha serie de xornadas en colaboración con CDTI centradas nas convocatorias do Programa Horizonte Europa para o bienio 2023-2024, que foron lanzadas pola Comisión Europea recentemente. As dúas primeiras xa teñen data: o 3 de febreiro sobre alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura, medio ambiente (Clúster 6) e Clima e o 14 de febreiro sobre industria (Clúster 4). O resto de temáticas serán presentadas en sucesivas xornadas durante as seguintes semanas e, posteriormente, celebraranse outras centradas noutros programas como Europa Dixital ou EU INVEST.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?