Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra celebra o Día da Muller e a Nena na Ciencia co evento A Foto 51
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra celebra o Día da Muller e a Nena na Ciencia co evento A Foto 51

S. P.
Publicado: 24/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

carme_fouces_pontevedra_foto_51.jpgA concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, presentou a semana pasada os detalles dunha nova cita local divulgativa, científico-tecnolóxica, que se achega baixo o epígrafe A Foto 51 e cuxa celebración está prevista para os días 10 e 11 de febreiro en diferentes localizacións da cidade, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (día 11).
O Concello procura con este programa “ofrecer unha nova mirada sobre a ciencia, partindo de bases actuais e necesarias, como a perspectiva de xénero”. Búscase, polo tanto, achegar unha ollada igualitaria e libre de prexuízos e patróns negativos, como o desigual reparto de poder e responsabilidade ou a persecución das mulleres ao longo da historia, poñendo o foco na “brutal fenda que existe hoxe entre a carreira profesional dun home nos planos científicos e tecnolóxicos e as carreiras profesionais dunha muller nos mesmos ámbitos”.
O evento
O día 10, ás 11 horas, o Teatro Principal acollerá a primeira actividade coa conferencia da matemática María Elena Vázquez Cendón, premio María Josefa Wonenburger 2022, que tratará cuestións da súa área científica mais vinculados coa perspectiva de xénero.
Xa o sábado 11 de febreiro, a axenda “tornarase máis intensa”, explicou a concelleira, engadindo que a xornada terá como base un encontro divulgativo con ata 13 relatores, que ofrecerán charlas de dez minutos ao longo da mañá e da tarde. “Queremos facer o contrario do que acontece en moitos encontros científicos: aquí máis do 90 % serán mulleres as que falen, xunto cun 10 % de homes. Queremos que sexa representada a presenza real das mulleres na ciencia”, explicou a edil.
As intervencións do sábado son as seguintes:
11.00h – Presentación do evento
11.15h – Iria Veiga – O terceiro que Camiña a miña beira: alucinacións históricas
11.25h – Paula Otero – Previr o cancro a golpe de xeringa
11.35h – Concurso Nanocharlas (charlas de moi poucos minutos onde a xente pode probar a divulgar, iniciarse neste mundo, tentar explicar ciencia nun formato pequeno)
12.00h – Descanso
12.20h – Elena Vázquez – Números máxicos
12.30h – Laura Veiga – Máis diversidade, mellores resultados
12.40h – Sandra Román – A cultura anti-dieta
12.50h – Olalla López – Historia das mulleres dos mortos
Esta primeira sesión de mañá tamén contará cun obradoiro para a cativada, para crianzas de entre 7 e 12 anos.
17.00h – Xurxo Mariño – O dilema obstétrico
17.10h – Joana Magallaes – Tecedeiras de duplas hélices
17.20h – Eva Cabanelas – Aos gatos nin tocalos
17.30h – Descanso
17.50h – África González – Inmuno Power: coñece e fortalece as túas defensas
18.00h – Estíbaliz Espinosa – Cosmos en perspectiva e poema
18.10h – Tamara Pazos – A perversión do benestar
18.20h – Premio concurso Nanocharlas
18.30 – Espectáculo co Piano-Bar Periódico Elemental
Doutra banda, tamén está prevista a realización de varios roteiros científicos, para os días 11, 12, 25 e 26 de febreiro, e que precisan de inscrición e reserva de praza en Apúntate.
Segundo explicou a concelleira acerca do epígrafe do evento, a foto 51 (que dá nome ao evento) é o apelativo informal que se lle deu a unha imaxe de difracción de raios X do ADN froito do traballo realizado por Rosalind Franklin ao longo da súa investigación no King’s College de Londres. Esta foto foi unha proba fundamenta para identificar a estrutura do ADN.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?