Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio de Xornalistas amosa ás reclusas de Pereiro de Aguiar como atopar información veraz nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio de Xornalistas amosa ás reclusas de Pereiro de Aguiar como atopar información veraz nas redes sociais

S. P.
Publicado: 25/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

colexio_xornalistas_pereiro_aguiar.jpgEste martes 24 de xaneiro celebrouse a quinta sesión do programa Aprendamos a ler a información, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinado pola Fundación La Caixa. Participaron, no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, a xornalista e directora de Voz Audiovisual Fernanda Tabarés e o director da axencia e consultora de comunicación Punto GA Comunicación Manuel Vázquez Sola. O programa pretende ser “unha ferramenta de apoio á reinserción da poboación reclusa feminina a través de diálogos sobre a actualidade e a súa cobertura nos medios de comunicación”.
O Colexio lembra tamén que Aprendamos a ler a información é unha experiencia na que escritores e xornalistas con obra publicada ou con colaboracións habituais nos medios de comunicación trasladarán á comunidade reclusa feminina conceptos básicos para entender a información, buscala nos medios axeitados e colocala nun contexto real socioeconómico, “co obxectivo de servir de axuda á súa reinserción”.
Nesta cuarta xornada Fernanda Tabarés salientou que unha das ferramentas para conseguir a reinserción debera ser a información, pero que moitas das reclusas foran “maltratadas” polos medios, por cuestións como as penas de telediario, o incumprimento do segredo sumarial ou “un xornalismo de sucesos mediocre, baseado en declaracións e tinxido de amarelo”. Un panorama aínda máis complicado pola irrupción das redes sociais, dixo. Manuel Vázquez Sola, pola súa banda, trasladou ás reclusas algúns datos sobre a realidade actual da publicidade e alertou sobre o uso de ferramentas como as redes ou os buscadores para informarse: “Coidado con como buscades, Google, Facebook, Tik Tok, etc, son axencias de publicidade. E a publicidade paga para ser vista, a información non”.
No centro penitenciario de Pereiro de Aguiar están privadas de liberdade un total de 287 persoas na actualidade, das que 21 son mulleres, que conviven nun módulo do recinto. O programa Aprendamos a ler a información desenvolverase neste centro ata o mes de marzo do vindeiro ano, coa participación de distintos xornalistas e escritores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?