Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno facilitará banda larga a 1.359 familias e empresas da Mezquita e A Gudiña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno facilitará banda larga a 1.359 familias e empresas da Mezquita e A Gudiña

S. P.
Publicado: 25/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

minones_plan_unico_mezquita.jpgO delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, estivo esta semana nos concellos da Mezquita e A Gudiña (Ourense), informando das medidas postas en marcha polo Executivo central a prol da transición tecnolóxica e a transformación verde dos concellos do rural. Tamén debullou os plans, a nivel local, para a modernización dos propios concellos ourensáns. Fíxoo acompañado do subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González.
En ambos os concellos o delegado reuniuse cos seus alcaldes, Rafael Pérez e José María Lago, e coas Corporacións municipais para presentarlles as liñas dispoñibles para vivenda, transición ecolóxica e administración pública, e recoller tamén as súas demandas e opinións.
José Miñones avanzou ademais o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital nestes concellos (acción que forma parte do Programa Único-Banda Larga, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno).
“Estamos a dar o paso para garantir o 100% de cobertura de acceso a Internet de alta velocidade na Mezquita e na Gudiña”, sinalou o delegado, detallando que o Programa Único-Banda Larga facilitará a conexión de banda larga con velocidade ultrarrápida a 1.359 familias e empresas da Mezquita e A Gudiña, a través de proxectos que executan empresas de servizos de Internet e que financia o Goberno. “Estamos a falar de garantir a conectividade de máis de 300 Mbps á práctica totalidade do territorio dos dous municipios, en 158 zonas que hoxe non dispoñen deste tipo de cobertura, esencial no mundo actual”, dixo.
No Concello da Mezquita, o Programa Único dixitalizará 75 zonas onde hoxe non existe este tipo de conexión e onde se sitúan 372 familias e empresas. Na Gudiña executaranse 83 proxectos de conexión para levar este servizo a 987 vivendas e empresas deste concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?