Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O noso sector do agro xa ten o seu dispor unha nova plataforma de transformación: E-Learning Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O noso sector do agro xa ten o seu dispor unha nova plataforma de transformación: E-Learning Data

S. P.
Publicado: 25/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dron_fotopixabay.jpgTras meses de preparación e traballo, a plataforma E-Learning Data, xa está ao dispor do sector primario galego e de todos os emprendedores que en Galicia pretendan apostar polo agro e pola agrodixitalización. Trátase dunha ferramenta desenvolvida no marco do proxecto Interreg Poctep Hub Iberia Agrotech (HIBA), do que é socia a iniciativa galega DATAlife Hub de Innovación Dixital que preside Pablo Álvarez Freire.
Segundo explica o Hub, o proxecto é realidade grazas ao traballo cooperativo de varios centros con ampla traxectoria en materia de agrodixitalización e socios beneficiarios desta iniciativa europea como a Escuela Técnica Superior de Ingeniería Agronómica y de Montes (ETSIAM) da Universidade de Córdoba, a Universidade de Évora e a Universidade do Algarve, ademais da colaboración das Cooperativas Agroalimentarias de Andalucía.
A plataforma E-Learning Data, dispoñible na web do proxecto HIBA en español e en portugués, nace para “axudar a adquirir competencias en transformación tecnolóxica aplicada á agricultura”. Aberta, previo rexistro, a todas as persoas interesadas en formarse e adaptarse ás novas necesidades do sector agro, a plataforma inclúe cursos online gratis (MOOC) sobre tecnoloxías habilitadoras dixitais no agro adaptados a distintos perfís de usuario, así como acceso a ferramentas innovadoras que favorecen o emprendemento, apoio á capacitación a través de asistentes virtuais e coñecemento sobre os aspectos máis relevantes da agricultura de precisión. Un asistente virtual dispoñible as 24 horas, HIBABot, encárgase de resolver calquera dúbida.
A plataforma está destinada a persoas que traballen ou emprendan no sector agroalimentario, en empresas de servizos do sector primario, grupos de desenvolvemento local, asociacións agrícolas, formadores e alumnado tanto universitario como non universitario. Permitirá probar innovacións e experimentar con tecnoloxías para promover o espírito emprendedor, mellorar o adestramento en dixitalización e brindar apoio á hora de tomar decisións.
A iniciativa E-Learning Data quere tamén poñer ao dispor das empresas galegas a experimentación e desenvolvemento de aplicacións que, baseadas en datos procedentes de distintas plataformas de observación (satélites ou drons), melloren as capacidades de innovación do sector agro. Un exemplo é o acceso a produtos Copernicus, especialmente imaxes de Sentinel-2, que, segundo sinalan dende DATAlife Hub, ten múltiples aplicacións para o agro de Galicia. Sentinel-2 é unha misión de observación terrestre desenvolvida pola Axencia Espacial Europea (ESA) dentro do programa Copérnico para rexistrar observacións do planeta Terra e achegar servizos como o seguimento da evolución dos bosques, os cambios na cortiza terrestre e a xestión dos desastres naturais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?