Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago relanza con máis contidos a web Compostela Literaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago relanza con máis contidos a web Compostela Literaria

S. P.
Publicado: 25/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

compostela_literaria_presentacion.jpgA concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, presentou este mércores 25 de xaneiro unha iniciativa tecnolóxica para reforzar e visualizar os fortes vencellos cos libros da capital de Galicia. Trátase do relanzamento de Compostela Literaria, unha web actualizada que inclúe un mapa das obras e autores e autoras ligados a Santiago, así como outros recursos e artigos. Na rolda de prensa Rosón estivo acompañada de Óscar Senra, da cooperativa Maos Innovación Social. Segundo fixeron saber, a web foi totalmente remodelada e enriquecida con novos contidos.
Artellada ao estilo dunha guía, comprende tanto un mapa literario como unha mostra de obras, autoras e autores de “marcada compostelanía, sexa esta nativa ou adoptiva, sexa por relevancia ou por intensidade”, explicaron, engadindo que a proposta “complétase cunha serie de recursos lúdicos, como xogos didácticos ou un escape city, e con diversos artigos escritos por persoas relacionadas co mundo da literatura, como María do Cebreiro ou Antía Otero”. Inclúese ademais a sección participativa Microficcións, á que calquera persoa pode enviar as súas propias creacións. “Compostela Literaria quere ofrecer unha visión panorámica da relación entre a nosa cidade e a literatura”, sinalou Rosón, engadindo que o obxectivo principal é “fornecer pistas e suxestións para coñecer esa prolífica relación da nosa cidade coa letra impresa”.
Algúns nomes que poden encontrarse na web son clásicos como os de Rosalía de Castro, Arturo Cuadrado, Concha Castroviejo ou Xoana Torres, ademais de outros máis actuais, como Suso de Toro, Berta Dávila, Daniel Asorey, Marga Tojo ou Patricia Janeiro. Tamén recolle as contribucións de grandes persoeiros do mundo das letras como Federico García Lorca, Emilia Pardo Bazán ou Valle-Inclán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?