Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Único levará a banda larga a 40.289 fogares e empresas de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Único levará a banda larga a 40.289 fogares e empresas de Pontevedra

S. P.
Publicado: 26/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

minones_carmela_silva_deputacion_pontevedra_presentacion-programa-banda-larga-1.jpgO programa de banda larga do Goberno (Plan Único) para levar Internet ultrarrápida ás zonas que non contan con este servizo (poñendo o foco no rural e nas zonas brancas), vai dotar de Rede de alta capacidade a 40.289 fogares e empresas da provincia de Pontevedra. Asi o corroboran este mércores 25 de xaneiro a secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González Veracruz, e o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, durante unha xuntanza, na sede da Deputación de Pontevedra, coa presidenta provincial, Carmela Silva, e con case medio cento de alcaldes e outros responsables municipais.
Na xuntanza González e Miñones presentáronlles os plans do Goberno para a extensión de fibra óptica no territorio. No encontro, ao que tamén asistiu a subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, deuse a coñecer o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, nestes concellos.
Esta acción, como dixemos, forma parte do Programa Único-Banda Larga, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno e permitirá que nas dúas primeiras convocatorias (2021 e 2022) se conecten a internet de alta velocidade 40.289 fogares e empresas da provincia cun investimento global de 16.166.245 euros dos que o Goberno aporta 11.116.777.
No conxunto de Galicia, entre as dúas convocatorias xa resoltas, o programa está a levar a conexión a Internet de alta velocidade a 226.725 fogares e empresas cun investimento global de 107.136.930 euros, dos que o Goberno aporta 71.262.165 euros.
Único-Banda Larga diríxese a dotar dunha taxa de cobertura de moi altas capacidades ao 100% da poboación española en 2025. Unha vez se executen os proxectos beneficiarios xa postos en marcha, a taxa de cobertura alcanzará o 95%.
Ata o momento lanzáronse dúas convocatorias deste programa (en 2021 e 2022). A de 2021 foi adxudicada integramente a Telefónica en Galicia. A de 2022, ás empresas Vento Rede (para a provincia da Coruña), Adamo Telecom (para a provincia de Lugo) e Avatel Telecom (para as provincias de Ourense e Pontevedra).
Miñones e González salientaron que “dende 2018 o Goberno mobilizou máis de 1.500 millóns de euros de investimento público-privado para levar conexións de banda larga ultra rápida a máis de catro millóns de fogares e empresas”.
No caso de Galicia os fogares e empresas beneficiados atópanse en ‘zonas brancas’, aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos.
“A conectividade é un elemento básico para garantir a supervivencia dos pequenos concellos; é unha arma contra o despoboamento”, sinalaron, salientando que “o Goberno de Pedro Sánchez están dando o paso para garantir o 100% de cobertura de acceso a Internet de alta velocidade en todo o territorio galego, favorecendo a conectividade a máis de 300 Mbps naquelas zonas que hoxe non dispoñen deste tipo de cobertura, esencial no mundo actual”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?