Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViaGalicia busca no Campus de Lugo as novas startups que dixitalizarán o sector primario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ViaGalicia busca no Campus de Lugo as novas startups que dixitalizarán o sector primario

S. P.
Publicado: 26/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campus_de_lugo_viagalicia.jpgA aceleradora de startups promovida pola Xunta de Galicia xunto coa Zona Franca de Vigo, a aceleradora ViaGalicia, presentou en Lugo a sétima edición do seu programa de validación, maduración e posta en marcha de ideas emprendedoras co obxectivo de “xerar emprego a través do emprendemento”, sinalou a delegada do reitor da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera.. Na cita participou Manuel Aldecoa, técnico de emprendemento de Zona Franca de Vigo, quen sinalou que “o sector primario presenta un alto potencial como nicho de emprendemento coa implementación de novas tecnoloxías”.
Aldecoa presentou esta semana, na sede universitaria luguesa, os detalles da sétima edición da aceleradora de startups ViaGalicia, un programa promovido en colaboración coa Xunta de Galicia que na súas edicións anteriores permitiu a constitución de 78 novas firmas innovadoras, logo de asesorar e madurar unhas 200 ideas de negocio dos preto de 1.300 proxectos empresariais innovadores recibidos, segundo indicou Aldecoa.
A presentación da nova convocatoria responde á pretensión de “xerar emprego e crear riqueza a través do emprendemento”, segundo puxo de manifesto a delegada do reitor da USC para o Campus Terra. Elvira López Mosquera enumerou asemade o caso de tres realidades empresariais agromadas na sede universitaria luguesa que pasaron por ViaGalicia, tal como son as firmas tecnolóxicas Innogando, Legalmit ou 3edata.
Alén de reiterar o éxito xa acadado polas persoas que promoveron estas ideas innovadoras xa transformadas en realidades empresariais, Manuel Aldecoa, indicou que a presentación deste nova convocatoria de ViaGalicia no Campus Terra “responde tanto ao feito de que esta aceleradora de proxectos innovadores conta con sede na capital luguesa, así como a que a maioría das startups xorden en contextos universitarios, nos que investigadores propoñen ideas de negocio innovadoras que contribúen á diversificación do tecido empresarial de Galicia, ademais de modernizar e dinamizar sectores estratéxicos capaces de crear emprego, atraer e reter talento, que son algúns dos obxectivos de ViaGalicia”, dixo Aldecoa.
ViaGalicia é un programa de alto rendemento que mestura, baixo a supervisión dun equipo de expertos, formación, titorización, asesoraminto especializado, mentoring, espazo de traballo e liñas de financiamento. Contará con sede propia na sede universitaria luguesa. O prazo de presentación de propostas fica aberto ata o 31 de xaneiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?