Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP e AMTEGA apostan pola formación pública e privada para afrontar o reto da dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP e AMTEGA apostan pola formación pública e privada para afrontar o reto da dixitalización

S. P.
Publicado: 27/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

230127_dixitalizacion_004x.jpgA EGAP acolleu este venres 27 de xaneiro a celebración dunha conferencia sobre as implicacións e consecuencias, para as institucións, as empresas e a cidadanía, do imparable e universal proceso de transformación dixital. A cita contou coa presenza da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, quen avogou por “reforzar a colaboración público-privada para impulsar a dixitalización e facer fronte á transformación tecnolóxica experimentada nas últimas décadas”.
Estivo acompañada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño Iglesia; o catedrático de Ciencia Política e da Administración da Universidade Rey Juan Carlos e Administrador Civil do Estado, Manuel Arenilla Saéz, e o director de Procesos Dixitais e Axilidade Operativa en Abanca, Pablo Mateo Vázquez.
Sonia Rodríguez-Campos fixo especial fincapé na incorporación de ferramentas disruptoras derivadas da Intelixencia Artificial (IA), as API ou a aprendizaxe automática no sector público, “que supoñen un cambio de paradigma que nos conduce de xeito irremediable a unha nova administración, unha administración de datos”.
A directora da Escola destacou tamén “a necesidade de transformar os perfís profesionais das administracións, requiríndolles aos empregados públicos habilidades que permitan actuar de xeito áxil ante novos modelos de xestión e procedementos”. Amais, a directora da EGAP subliñou o importante papel da formación, tanto no sector público coma no privado, “xa que os profesionais do futuro necesitarán non só coñecementos diferentes aos actuais senón tamén novas habilidades”.
Pola súa banda, o director da AMTEGA, Julián Cerviño, salientou a Estratexia Dixital 2030 de Galicia para consolidar a transición na comunidade galega e que “vai permitir crear un marco dixital que facilite a actuación das administracións local, autonómica e estatal de xeito complementario, a través do aproveitamento das sinerxías e a suma de esforzos”. Cerviño debullou os grandes avances tecnolóxicos rexistrados en Galicia nos últimos anos, cun 96% da poboación que accede á administración a través da vía electrónica e máis de 1,4 millón de cidadáns galegos que empregan o sistema de eAdministración Chave 365. Julián Cerviño lembrou os principais retos de futuro neste ámbito, que pasan por avanzar de forma eficiente nos procesos administrativos, mellorar os servizos ofrecidos á cidadanía e facilitar as relacións entre as institucións e os cidadáns.
Pola súa banda, o catedrático Manuel Arenilla Sáez, autor do libro La Administración digital, afirmou que a revolución dixital é “unha oportunidade para refundar a Administración que, de non aproveitarse, conducirá á obsolescencia dunha parte da súa actividade”. O profesor apuntou que “non é posible que se produza a satisfacción efectiva das demandas cidadáns da administración se non se produce un cambio na súa cultura, o seus principios e valores”.
O director de Procesos Dixitais e Axilidade Operativa en Abanca, Pablo Mateo Vázquez, destacou o papel da transformación dixital como unha estratéxica básica para aumentar a competitividade no sector privado, xa que permite incrementar a experiencia co usuario, promover a innovación de procesos e a mellora continua, facilitar a colaboración e a axilidade, a eficiencia e a trazabilidade.
A conferencia celebrada este venres 27 de xaneiro na EGAP iniciou o foro titulado Diálogos sobre innovación e competitividade no sector público e no sector privado, un novo espazo de conversa e debate xurdido ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) e dirixido a fomentar o diálogo entre a esfera pública e privada en ámbitos importantes para a sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?