Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A fibra de R xa chega a máis de 10.000 empresas e fogares de Silleda, Chantada e As Pontes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A fibra de R xa chega a máis de 10.000 empresas e fogares de Silleda, Chantada e As Pontes

S. P.
Publicado: 27/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fibra-optica-silleda.jpgA operadora de orixe galega R comezou o ano facendo novos balances sobre a presenza da súa fibra nos nosos concellos, máis polo miúdo da súa fibra MAX, que, segundo vén de recordar a empresa, está plenamente presente en Silleda, en Chantada e nas Pontes.
En Silleda (Pontevedra), máis de 3.000 empresas e particulares de Silleda xa están a aproveitar as vantaxes da fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R. O ano comeza virá con máis tarefas de “mellora continua”, informou a firma de telecomunicacións. En Chantada a dita tecnoloxía xa está ao servizo, tamén, de 3.000 fogares e negocios. Polo que se refire ás Pontes, a cifra sobe ata as 5.000 residencias particulares e empresas. “O noso obxectivo”, explica R, “é posicionarnos como o operador con máis cobertura de fibra propia destas localidades, así que seguimos a traballar para levar a mellor internet ao maior número posible de veciños/as”.
Vantaxes da fibra MAX de R
fibra-optica-chantada.jpg -Ata 10 Gbps de velocidade de internet simétricos; é dicir, coa mesma velocidade de subida e de baixada e ata 4 veces máis rápida que outras fibras. A Internet de R está preparada para alcanzar os 10 Gbps. De momento, xa gozan dun 1 Gbps os usuarios/as particulares.
-Melloras na velocidade e na cobertura. O sistema Wi-Fi 6 de R permite aos usuarios navegar a pleno rendemento, aínda que estean afastados do router.
-Seguridade total. A operadora destaca a integración do “protocolo sen fíos máis seguro do mercado”, que é o WPA3, o que usa a rede de R.
-Sen retardos nin lag. Así o explica a operadora: “Grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e a plataformas como Twitch, despídete dos problemas de latencia ou ping”.
-Deco Android 4K incluído. En palabras de R, este decodificador “permítenos converter a tele nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K e descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android. Ah, e con acceso a rebobina”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?