Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía promoverá a Praza de Abastos nas redes a través dos Next Generation
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía promoverá a Praza de Abastos nas redes a través dos Next Generation

S. P.
Publicado: 27/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

praza_abastos_vilagarcia.jpgDixitalizar e dinamizar a Praza de Abastos é un dos obxectivos da Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía para o ano 2023. Ao abeiro deste reto, poranse en marcha varias iniciativas. Unha delas consiste nunha campaña de comunicación online a desenvolver durante todo o ano. O seu obxectivo será “achegar os servizos e produtos da praza a novos públicos e captar nova clientela entre os sectores da poboación de menor idade, que son os que frecuentan menos os mercados públicos”. A execución desta iniciativa contratouse por importe de 12.450 euros (sen IVA) á empresa Proimaxe.
A campaña de comunicación online para a Praza de Abastos enmárcase no programa Vilagarcía Viva, deseñado pola concellería que dirixe Alba Briones para dinamizar o comercio de proximidade e que obtivo financiamento europeo a través dos fondos Next Generation. Esta medida en concreto corresponde á liña relativa á transformación dixital, de aí que a campaña se centre na promoción en liña. Esta consistirá no deseño e difusión a través dos novos medios dunha serie de contidos para presentar e dar a coñecer á cidadanía aos praceiros do mercado público, a informar da ampla oferta que existe na Praza, dos produtos de tempada, das propiedades nutricionais dos mesmos ou a propoñer receitas ou ideas que realizar co xénero que ofrece o mercado. A campaña secuenciarase en catro etapas a desenvolver ata finais de 2023 e contará cun boletín físico a modo de apoio ou complemento da difusión online.
Ademais do devandito, a Concellería de Promoción Económica vén de recibir o proxecto técnico para dotar ao mercado municipal da instalación fotovoltaica que permita ao edificio ser autosuficiente en materia enerxética Nesta mesma actuación se inclúe a instalación de dous estacións de carga para vehículos eléctricos.
O proxecto está presupostado en 111.152 euros que tamén se financiará cos fondos Next Generation, neste caso a través da liña relativa á eficiencia enerxética que a UE promove para reducir as emisións de CO2.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?