Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia Avanza celebra un encontro tecnolóxico de internacionalización o 15 de febreiro na Tecnópole
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia Avanza celebra un encontro tecnolóxico de internacionalización o 15 de febreiro na Tecnópole

S. P.
Publicado: 30/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnopole3.jpgGalicia Avanza, programa de internacionalización de pemes tecnolóxicas e innovadoras galegas impulsado pola Xunta (a través de GAIN e o IGAPE) e a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia), está afrontando estes días a recta final da súa primeira edición, ao tempo que comeza, de xeito simultáneo, a súa segunda convocatoria. Neste punto de inflexión, as entidades impulsoras organizan os días vindeiros (o día 15) un encontro no que dar conta dos fitos acadados e, tamén, dos pendentes de acadar.
Segundo fixeron saber, en Galicia Avanza xa participaron 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade, ás que se van sumar outra trintena de pemes na segunda convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes remata o 28 de febreiro e deberá realizarse a través da páxina web da aceleradora.
Como dixemos, o 15 de febreiro está previsto que se presenten os resultados da primeira edición do programa. O eventos será na Tecnópole, entidade encargada da xestión e coordinación desta iniciativa. Neste acto daranse cita empresas de todos os sectores, con presenza en mercados exteriores ou con potencial de exportar as súas innovacións. Ao longo da xornada poderán compartir experiencias, facer networking e coñecer os apoios máis relevantes da Administración autonómica para a internacionalización. As empresas interesadas en participar neste encontro deberán inscribirse previamente na páxina web da Tecnópole. A cita, segundo avanzan, inclúe “un completo programa de actividades”, con empresas de referencia contando a súa experiencia en novos mercados e habilitándose un espazo para visitar e coñecer as 30 firmas participantes na primeira edición do programa.
As pemes participantes nesta primeira convocatoria do programa Galicia Avanza pertencen a sectores tan diversos como as novas tecnoloxías, alimentación, telecomunicacións, industrial, químico, farmacéutico, biotecnoloxía, enxeñaría, automoción, turismo, saúde, agrario… e ata aeroespacial.
Durante os oito meses de duración do programa e a través dun equipo de expertos en internacionalización, traballouse na saída ao mercado exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras empresas.
Así mesmo, ao longo destes meses reforzáronse aspectos como a mellora da innovación, as estratexias de mercadotecnia, creación de marcas e certificacións, ou a adaptación de produtos e servizos ao mercado exterior, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?