Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME ofrece cinco novos obradoiros TIC no punto de inflexión entre xaneiro e febreiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME ofrece cinco novos obradoiros TIC no punto de inflexión entre xaneiro e febreiro

S. P.
Publicado: 30/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana (últimos días de xaneiro, primeiros de febreiro) cinco novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros para asesoramento tecnolóxico a persoas emprendedoras e pemes. Tratarán sobre ciberseguridade, tecnoloxía cadea de bloques (blockchain) e metaverso, os selos e certificacións en sustentabilidade turística ou a captación de clientes a través de estratexias de comunicación e visibilidade.
O primeiro curso da semana será este luns 30, ás 10.00 horas, e estará impartido de xeito telemático por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, Ciberseguridade, antivirus e actualización do software. O obxectivo do curso é dar a coñecer dous das contramedidas básicas a realizar, a necesidade de ter o software actualizado para corrixir vulnerabilidades e a utilización e elección dun antivirus.
O martes 31 celebraranse dous cursos. Na mañá (11h), Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas, conducirá tamén de xeito telemático Sustentabilidade turística: selos e certificacións. A acción amosará como os sistemas de xestión da sustentabilidade para empresas e destinos turísticos, son unha axuda para orientar ás entidades para establecer criterios de xestión sostible e unha ferramenta para acreditar o seu compromiso. A adhesión e o traballo nestes sistemas adoita reflectirse na obtención de certificacións ou selos que avalan o esforzo realizado nesta materia, para a diferenciación e poder comunicar o seu recoñecemento a persoas visitantes e axentes implicados.
Pola tarde, ás 17 horas, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e cunha ampla experiencia na asesoría de empresas no ámbito da comunicación e o mercadotecnia dixital, impartirá de forma telemática o curso Deseña a túa páxina web de maneira sinxela con Elementor, e afondará neste construtor gratuíto de páxina de WordPress, na súa instalación, configuración e o traballo para crear unha páxina web.
O xoves tamén haberá dobre sesión. En horario de mañá (11h), de xeito telemático, Manuel Freire guiará a acción Blockchain, metaverso, que achegará ás persoas participantes esta tecnoloxía e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. Tamén afondará no tema do metaverso, incidindo en para que vai servir, o seu estado actual de desenvolvemento e na visita a algún dos metaversos.
Pola tarde, ás 17.30h, Isabel Rodríguez, consultora e adestradora empresarial ofrecerá a acción, Captación de clientes a través de estratexias de comunicación e visibilidade, e farao de xeito presencial na sede da Deputación en Vigo. Amosará o papel da comunicación como base de toda estratexia, e a comunicación efectiva a metodoloxía que logra de forma eficiente cerrar ventas, facendo rendibles os obxectivos de visibilidade e captación de clientes. Os contidos inclúen nocións sobre atención plena, observación e escoita activa; comunicación asertiva para un entendemento efectivo, as estratexias de visibilidade grazas á mellora da comunicación e a visibilidade máis alá das redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?