Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Youtubeiras entregou en Carballo os oito premios da súa sexta edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Youtubeiras entregou en Carballo os oito premios da súa sexta edición

S. P.
Publicado: 30/01/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

fotofamilia_youtubeiras2022_baixa.jpgO certame Youtubeiras chegou esta fin de semana ao remate da súa sexta edición, co obxectivo renovado e fortalecido de encher YouTube e outras redes sociais de contidos audiovisuais en galego, destacables non só pola súa cantidade senón tamén pola súa cantidade. O palmarés do proxecto, organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos (Ames, A Baña, Carballo, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo), das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, premiou a Toxío, Neeumatiko, Histérikas Histórikas, Piratas sen parche, Falemos do Reino de Galicia, Pingando-Laura Veiga, Lobeira Today e Xabi Gómez.
ganhadores_youtubeiras2022_baixa.jpg Durante a gala celebrada en Carballo, que foi conducida pola actriz Cristina Collazo e contou coa actuación musical de LaMontagne e PicoAmperio, entregáronse os oito galardóns que conformaron os Premios Youtubeiras nesta sexta convocatoria. En total, repartíronse 7.500 euros en premios e cada persoa gañadora recibiu un diploma acreditativo xunto a unha medalla simbólica deseñada para a ocasión por Nahuel Pérez.
toxio_premiocanle2022_detalle.jpg1. O Premio á Canle recaeu en Toxío. O xurado, na súa acta, destacou a súa “alta calidade comunicativa, técnica e estética, así como a continuidade e periodicidade dos contidos cun dominio emocional e ético”.
2. O Premio á Youtubeira/o recoñeceu a Neeumatiko. No ditame do xurado celébrase o seu carácter de “referente do YouTube en galego” e a súa alta “capacidade comunicativa e lingüística”.
3. O Premio Youtubeira/o revelación foi para Histérikas Histórikas. “Por unha forma fresca de presentar contidos, cunha alta repercusión, cun formato innovador no YouTube galego”, subliñou o xurado.
4. O Premio Vídeo levouno Piratas sen parche polo vídeo Eduardita. O xurado puxo en valor a calidade técnica, a creatividade e “a súa orixinalidade á hora de transmitir a mensaxe”.
neeeumatiko_premioyoutubeire2022.jpg 5. O Premio Calidade Lingüística galardoou a canle Falemos do Reino de Galicia pola súa “capacidade para manter os trazos dialectais nun rexistro culto e normativo”. O xurado tamén salientou a forma de usar a lingua: “natural e sen complexos”.
6. O Premio Pioneiro conquistouno Pingando-Laura Veiga. O xurado pon en valor o seu xeito de “introducir unha nova temática na Rede galega dunha forma innovadora e atractiva”, demostrando unha vez máis que “a lingua non ten cancelas”.
7. O Premio Rede recaeu en A Lobeira Today. “Pola súa constancia para fortalecer a comunidade virtual galega, por crear e manter vínculos e asociacións”, explicou o xurado no seu ditame.
8. O Premio do Público quedou en mans do vídeo Bembibre coas Tanxugueiras, de Xabi Gómez, por ser o vídeo máis votado polo público.

Asistencia

Laura Veiga, premio revelación
Laura Veiga, premio revelación
A gala de entrega celebrouse no Pazo da Cultura de Carballo. Asistiron representantes institucionais das entidades organizadoras. Así, no patio de butacas atopábanse os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero; de Negreira, Manuel Ángel Leis, e de Rianxo, Adolfo Muíños. Por parte da Deputación da Coruña, acudiu á gala María Muíño, deputada de Igualdade e Normalización Lingüística, que subiu ao escenario ao comezo da gala para lle dar a benvida á concorrencia na compaña de Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Normalización Lingüística de Carballo, e a coordinadora do proxecto Youtubeiras, Carme Pereiro.
Ao escenario tamén subiron para facer entrega de diferentes galardóns o tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos; o concelleiro de Políticas Lingüísticas de Santiago de Compostela, Rubén Prol; o concelleiro de Normalización Lingüística de Moaña, Aldán Santamarina; o concelleiro de Educación de Ames, David Santomil, o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, Gumersindo Feijoo, e o secretario xeral da Universidade da Coruña, Carlos Aymerich.
piratassenparche_premiovideo2022_eduardita_detalle.jpgO xurado desta edición, que tivo que escoller entre as 75 canles presentadas e que seleccionou un total de 22 propostas finalistas, estivo conformado por Mario Brión, gañador do Premio Youtubeira/o en 2021; Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense e coordinadora de Youtubeiras nas primeiras catro edicións; Carmen Nieto, dinamizadora e formadora no eido das novas tecnoloxías, promotora da canle Teño unha horta en San Sadurniño; Elvira Nercellas, estudante e integrante do Grupo por unha Medicina en Galego, e Alba Rodríguez, administrativa que deu a coñecer o seu cambio de lingua a través de Twitter no ano 2018. Todos os premios contan cunha dotación económica de 1.000 euros, agás o Premio do Público que dispón de 500 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?