Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra e ASIME percorrerán a provincia fomentando as vocacións TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra e ASIME percorrerán a provincia fomentando as vocacións TIC

S. P.
Publicado: 01/02/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

carmela_silva_tecnoloxicasweek_2.jpgO programa Tecnolóxicas, impulsado pola Deputación de Pontevedra e ASIME, chegará a toda a provincia de Pontevedra a través do proxecto itinerante Tecnolóxicas Week, destinado a fomentar as vocacións técnicas na xente nova, poñendo o foco (para derrubar fendas de xénero, estereotipos e prexuízos) nas nenas e as rapazas. Na semana do 6 ao 10 de febreiro (nos días previos ao Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, sábado 11), programaranse 10 eventos paralelos en distintos concellos, representando todas as comarcas. A iniciativa foi dada a coñecer pola presidenta provincial, Carmela Silva, e o secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón.
A presidenta Carmela Silva sinalou que Tecnolóxicas naceu, a proposta de ASIME, “da imperiosa necesidade de incorporar mulleres á tecnoloxía, xa que o presente e futuro de toda actividade humana están vencellados a este sector e hai unha enorme demanda de talento que as empresas non son capaces de cubrir”. Segundo avanzou, esta iniciativa “terá continuidade”, prolongando a loita contra a fenda de xénero no sector e contra unha realidade preocupante: a do número de mulleres que se matriculan en carreiras STEAM, que está diminuíndo e repercute nunha taxa de empregos que se sitúa entre o 15 e o 20%.
O secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, asegurou pola súa banda que “nunca houbo tanta escaseza de profesionais cualificadas/os no sector industrial. Actualmente a industria do metal e a súas tecnoloxías asociadas precisa cubrir 1.500 postos de forma inmediata e 800 a medio prazo, pero vivimos unha situación anómala no mercado laboral na que non conseguirmos cubrilos”. Esta situación, asegurou, “agudízase máis se cabe en perfís femininos para certos postos”, e con programas como Tecnolóxicas “pretendemos achegar a realidade industrial ás persoas máis novas para fomentar as súas vocacións temperás no ámbito técnico-tecnolóxico e animalas a optar por unha saída estable, de futuro e ben remunerada como a que ofrecen as profesións industriais”.
As actividades da Tecnolóxicas Week, explicaron, inclúen visitas escolares a empresas industriais, charlas temáticas, coloquios con mulleres tecnólogas e workshops para nenas e nenos. O obxectivo é “mostrar á mocidade a realidade da industria para que coñezan os traballos que poden desenvolver, paliar a falta de persoal cualificado no sector e incorporar máis perfís de mulleres en postos técnicos e tecnolóxicos”. Así mesmo, búscase achegar á xente nova referentes de mulleres tecnólogas da súa propia contorna.
As persoas interesadas en asistir a diversas actividades poden inscribirse nos formularios dispoñibles no sitio web de Tecnolóxicas.
O calendario comeza o luns 6 de febreiro nas comarcas do Baixo Miño e A Paradanta. En Tui organízanse visitas do alumnado de 3º e 4º de ESO ou FP ás empresas Utingal S.L, Antobal S.L. e Pipeworks S.L., e na Cañiza unha charla con tecnólogas referentes para alumnado da ESO e FP no auditorio da Casa da Cultura de 11:00 a 12:00 h. Intervirán Sabela Vázquez, usuaria do programa Tecnolóxicas polo que se incorporou cun contrato á empresa Itera Técnica, e Lorena Rosende, CEO desta empresa e divulgadora.
O martes 7 de febreiro as actividades terán lugar no Condado e en Tabeirós-Terra de Montes. En Ponteareas, alumnado de 3º e 4º de ESO ou FP visitará as empresas Talleres Ganomagoga S.L.U. e Panelship S.L., e na Estrada, nenas e nenos de 8 e 9 anos participarán nun workshop no que aprenderán a programar informaticamente de forma lúdica (sala Mome de 17:00 a 18:00 horas).
O mércores 8 de febreiro estaremos, nas comarcas de Pontevedra e Deza, desenvolveranse unha charla sobre ciberseguridade para alumnado da ESO no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra impartida por Belén Pérez, CISO (Chief Information Security Officer) de Nova Pescanova e Coordinadora do CCI in Galicia (Industrial Cybersecurity Center), e en Silleda organízanse visitas de alumnado de 3º e 4º de ESO ou FP ás empresas Industrias Guerra (planta de Vila de Cruces) e Sotega Noroeste S.L.
O xoves 9 de febreiro Tecnolóxicas Week visita O Morrazo e O Salnés. En Cangas, Eliana Pardo (Business Development Manager de RIA 21) imparte unha charla sobre ciberseguridade para alumnado da ESO no Salón de Actos do Concello de Cangas. No Grove, a Casa do Concello acolle de 17:00 a 18:00 h o workshop de programación informática para nenos e nenas de 8 e 9 anos.
As actividades rematan o venres 10 de febreiro nas comarcas de Ulla-Umia e Vigo. Alumnado de Valga de 3º e 4º de ESO ou FP visitará a empresa Extrusionados Galicia, e a sede de Vigo da Deputación acollerá como evento de peche unha mesa coloquio con mulleres tecnólogas. Participan Amparo Alonso, Catedrática e Investigadora en Intelixencia Artificial da Universidade de Coruña, Lorena Rosende, CEO de Itera Técnica, Marta Fernández, Project Manager de Gestamp e Icíar Balza, do Grupo Gonvarri Industries. O evento comezará ás 11:00 h.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?