Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mulleres da Pobra poderán formarse esta tempada en competencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mulleres da Pobra poderán formarse esta tempada en competencias dixitais

S. P.
Publicado: 01/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pobra_curso_competencias_dixitais_basicas_para_o_emprendemento.jpgO Concello da Pobra do Caramiñal quixo comezar o ano mobilizando novos esforzos para reducir a fenda dixital no municipio, unha fenda que a nivel galego e estatal agravouse coa pandemia e que segue a deixar fóra das vantaxes tecnolóxicas a amplas franxas de poboación, afectando especialmente á poboación feminina. No marco do proxecto Muller Dixital, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade organiza na Pobra o curso Competencias dixitais básicas para o emprendemento, co cal colabora a Concellaría da Igualdade.
pobra_cartel_do_curso_de_competencias_dixitais_basicas_para_o_emprendemento.jpg A finalidade é formar mulleres desempregadas ou en mellora de emprego, con idades comprendidas entre os 18 e 65 anos, para contribuír así a reducir a brecha de xénero a través da capacitación dixital.
Con relación a isto, a edil Charo Varela (Nós Pobra), xunto coa axente de igualdade, Carolina Rodríguez, fixo fincapé na importancia deste curso “destinado a mellorar as competencias dixitais imprescindibles para a vida laboral”.
Esta nova acción de balde impartirase a partir do día 7 de febreiro, de luns a venres, en horario de 09.45 a 13.45 horas, na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal. A duración total ascende ás 45 horas e establécense 20 de prazas. Unha vez concluída a formación, as mulleres participantes recibirán como agasallo cadansúa tableta cun teclado externo para pór na práctica os coñecementos adquiridos.
As inscricións efectuaranse a través das seguintes vías: 881820345, 621180897 ou info@mullerdixital.gal. A maiores, para a resolución de dúbidas, habilítase o enderezo electrónico igualdade@apobra.gal e o teléfono de contacto 981832764, marcando a opción 6.
A dita iniciativa está financiada polos Fondos Next Generation EU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Ministerio da Educación e Formación Profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?