Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC constata a vaga de desinformación nas redes xerada polo crime de Samuel Luiz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC constata a vaga de desinformación nas redes xerada polo crime de Samuel Luiz

S. P.
Publicado: 02/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

samuel_luiz_flores_crime.jpgA desinformación avanza e malia as vantaxes e beneficios das novas tecnoloxías, dos dispositivos e das redes sociais, faino grazas a todos estes novos recursos de comunicación e o anonimato que proporcionan. Así o entenden as nosas universidades, que comezaron o ano impulsando novos proxectos para combater as novas falsas (fake news) e axudar a incrementar a fiabilidade da Rede, localizando aqueles puntos críticos da información galega e estatal: puntos de onde xorde e prolifera o falso. A USC, a través dun equipo pertencente ao grupo Novos Medios, puxo o foco no caso do asesinato na Coruña de Samuel Luiz, acontecido na madrugada do 3 de xullo de 2021.
Segundo fan saber os investigadores nun estudo sobre a cobertura dos medios de comunicación (analizando a conversa pública nas redes sociais e o papel dos fact-checkers no caso do dito crime), o caso foi un fervedoiro de desinformación “cun debate público dominado por actores non xornalísticos” e cunha conversación polarizada e de marcado cariz político na rede social Twitter.
O estudo de Novos Medios constatou que “as desordes informativas mostran que o ruído que xera a discusión pública completa o relato con contidos falsos, enganosos e nesgados”.
Sinalan, máis polo miúdo, que “a posibilidade de tratarse dun crime de odio, xunto á politización do caso, a intervención de diferentes actores e a notable polarización evolucionaron nun clima onde proliferou a desinformación”, explican Jorge Vázquez Herrero, María Cruz Negreira Rey e Xosé López García, profesores da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e autores do artigo Misinformation on trial: Media coverage of a murder, public conversation and fact-checking.
En primeiro lugar, analizáronse as noticias sobre o dramático evento e os avances da investigación durante o segredo de sumario nun medio local (La Voz de Galicia) e nun estatal (El País), reconstruíndo os encadres informativos. Nun segundo paso da investigación, abordouse a conversa en Twitter con algo máis de 750.000 chíos analizados e visualizados en grafos, afondando nas principais comunidades e nas mensaxes máis difundidas para identificar as liñas discursivas e constatar a polarización, “moi evidente cando hai unha posición político-ideolóxica”.
En terceiro lugar, estudouse o rol de verificadores como Maldita.es, Newtral, Verifica RTVE e AFP Factual, ademais de identificar e caracterizar as desordes informativas. Neste caso atopáronse evidencias de “falso contexto, contido enganoso, falso e manipulado, así como a intervención de contramedios e medios partidistas”.
O caso analizado, sinalan, “exemplifica a complexa interrelación entre diferentes actores, nun contexto no que incluso os eventos máis tráxicos xeran marcos interpretativos da realidade nun clima polarizado”.
Nas redes sociais, engaden, observouse un debate público dominado por actores non xornalísticos, como poden ser figuras políticas, a contorna da vítima ou colectivos vencellados.
Así, a desinformación en diferentes graos “emerxe e tende á simplificación do discurso”.
A investigación enmarcouse no proxecto europeo IBERIFIER, do cal a USC forma parte a través do grupo Novos Medios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?