Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago colabora nun evento que mostra o camiño futuro da eAdministración: o COEP congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago colabora nun evento que mostra o camiño futuro da eAdministración: o COEP congress

S. P.
Publicado: 02/02/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

kaleidos_cabecera-web-2b-500.jpgA Fundación Kaleidos Red, da que forma parte o Concello de Santiago, organiza nas vindeiras semanas un encontro internacional que pon o foco sobre os novos xeitos de comunicar ás administracións coa cidadanía: xeitos tecnolóxicos que aumentan a participación, a transparencia, a implicación cidadá e a axilidade nos trámites. Estamos a falar do IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía (COEP congress) que, baixo o lema Gobernanza local e Axenda 2030: Comunicar para entender, celebrarase os próximos días 27, 28 e 29 de marzo no Espazo Sociocultural Petxina, na cidade de Valencia.
Segundo explica o Concello compostelán, trátase dun encontro de tres días para compartir debate, análise e reflexións orientadas á acción sobre políticas locais de proximidade, participación cidadá e tendencias de comunicación no marco da Axenda 2030.
Para iso, esta cuarta edición do COEP congress contará coa experiencia de grandes relatores nacionais e internacionais que, a través de mesas redondas, obradoiros e espazos de networking, guiarán aos asistentes polas tendencias e ferramentas que xa están a implementar as administracións públicas no ámbito da gobernanza local.
Unha das grandes cuestións a abordar nesta cuarta edición do COEP congress é como xestionar a relación e a comunicación entre a administración e a cidadanía.
Neste sentido, José Ramón Sobrón, xerente da Fundación Kaleidos Rede, afirma que “necesitamos garantir unha contorna que facilite a participación na toma de decisións, consolidando e ampliando os espazos cívicos, e fortalecendo unha sociedade democrática. Para iso, hai que centrar a comunicación nas medidas concretas que afectan ao día a día da cidadanía, de maneira que a cidadanía comprenda o por que e o para que da toma de decisións en materia de políticas públicas. Despois de 22 anos, seguimos pensando que a resposta é máis participación, máis gobernanza, máis cidadanía, máis proximidade local”.
Programa do COEP congress
A inauguración do congreso será o día 27 de marzo. O primeiro relatorio, titulado O Dereito para Entender, correrá a cargo de María Ángeles García, doutora en Filoloxía Hispánica e profesora titular da Universidade de Barcelona (UB), experta en discurso xurídico administrativo, comunicación persuasiva e linguaxe clara; e despois celebrarase a mesa redonda Seguro que as persoas están no Centro?.
Pechará a xornada Ingemar Strandvik, responsable da xestión de calidade na Dirección Xeral da Tradución da Comisión Europea.
O martes 28 de marzo tamén haberá espazo para debater sobre modelos e experiencias de innovación pública local coa participación de Helen Darbishire, directora executiva de Access Info Europe; Judith González, directora de comunicación clara de Prodixioso Volcán; Alexander Heichlinger, fundador GovInsight; Jaume López, director xeral de Bo Goberno, Innovación e Calidade Democráticas da Generalitat de Catalunya; Raúl Oliván, director xeral de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Voluntariado no Gobierno de Aragón; María Pía Junquera, directora xeral de Participación Cidadá do Concello de Madrid; e Fermín Cerdeira, xefe do Servizo de Innovación e Xestión do Coñecemento do Concello de Valencia.
Pola tarde, Simona Levi, experta en transparencia e xestión de datos, dramaturga e fundadora de Xnet, falará sobre Manipulación informativa e propaganda: A quen benefician as fake news?. Pola súa banda, David Altman, doutor (PhD) en Ciencia Política na University of Notre Dáme (EEUU), analizará a democracia contemporánea na relatorio Cidadanía en expansión: democracia directa contemporánea. A xornada pecharase cunha mesa redonda composta por Tanja Grass, directora do Festival Internacional de Arte e Sustentabilidade Drap Art; Javier Armentia, astrofísico e comunicador científico; e Pedro Calaza-Martínez, doutor arquitecto en Paisaxe Urbana.
A última xornada do COEP congress celebrarase o mércores 29 de marzo coa participación de Uliana Torkunova, líder da Agrupación industrial de Emprendedoras de Women in Tech Spain e fundadora de empresas de tecnoloxía e mobilidade, quen falará sobre Neurocomunicación: Como tomamos as decisións? A continuación, presentaranse os proxectos Conectando o Analóxico e o Dixital: Proxecto Cibervoluntarios, a cargo de Yolanda Rueda, directora Fundación Cibervoluntarios; Conectando Emprendemento e Talento: Proxecto The Break, a cargo de Alberto Alonso de la Fuente, responsable de alianzas públicas en España en The Break; e Conectando o Rural e o Urbano: Proxecto Rural Citizen, a cargo de Iván del Caz, director Rural Citizen 2030.
Máis tarde, celebrarase a presentación da Guía Kaleidos Como implicar, participar e responsabilizar á cidadanía no coñecemento e desenvolvemento da Axenda 2030? 9 Pancas, 49 Estratexias de Intervención. Unha presentación que dará paso ao último relatorio do COEP congress a cargo de Teresa Viejo, escritora, xornalista e conferenciante, creadora do Instituto da Curiosidade, quen falará sobre O dereito á Curiosidade. As claves do novo líder do Século XXI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?